O Concello de Lugo programa 20 concertos gratuítos para encher de música o verán lucense.

O ciclo desenvolverase entre o 3 de xullo ata o 5 de setembro no templete da praza Maior.

As actuacións celebraranse todos os venres e sábados ás 20.30 horas, cunha duración mínima dunha hora e acceso totalmente gratuíto.

Conta con formacións de música tradicional, folk, músicas atlánticas, clásica, blues, jazz, pop rock, indie, metal, música urbana, rap, DJs e outras propostas de fusión, combinando grupos consolidados con formacións emerxentes.