O próximo 12 de agosto de 2026 terá lugar un acontecemento irrepetible, unha eclipse total de Sol.
Desde Dispara poñen en marcha UMBRA, un proxecto aberto ao público interesado na fotografía que pretende recoller o que acontece na cidade e provincia de Lugo nunha exposición e nunha publicación.
Non se trata de recoller a mellores imaxes do fenómeno técnico da eclipse, se non o que provoca este fenómeno na cidadanía, na natureza, nos animais, na arquitectura e na paisaxe, cómo a xente se organiza e reacciona ante o eclipse, a preparación e cómo se vive ese momento irrepetible.
INFORMACIÓN BÁSICA
Horario da eclipse:
Lugo será un lugar privilexiado para vivir a eclipse total de Sol
Inicio eclipse parcial 19:31:40
Inicio da totalidade 20:28:02
Máximo 20:29:45
Fin totalidade 20:29:25
Fin parcial 21:22:11
«E moi importante ter previsto onde imos a tomar fotografías no momento da totalidade, xa que durará dous minutos escasos, debido a isto, teremos que organizarnos: quedar con xente ou localizar o sitio que nos pareza interesante nese momento.
Pero tamén fundamentalmente interésannos imaxes previas e posteriores das actividades que se poidan desenvolver ao longo dese dia.
Participar no proxecto enviando fotografías non garantiza que estas sexan expostas ou publicadas, faremos una selección do material recibido e utilizaremos estas imaxes seguindo diversos criterios da editorial. As fotografías deberán de ser en cor (por motivos de producción do libro)
Dereitos de Imaxe: no caso de que aparezan persoas na fotografía precisamos a autorización das mesmas para utilizar a imaxe no proxecto, no caso de menores será preciso ter un permiso dos pais ou titores para que a editorial poida publicar esa fotografia (neste caso e importante ter un nº de teléfono ou forma de contacto para poder solicitar esta autorización desde a editorial.)» DISPARA
Este proxecto conta coa colaboración do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), da Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Se queres participar envía un mail a dispara@dispara.org






