FOTOGRAFÍAS - A CANDELORIA 2025

Fotos de Iván Mouronte

Unhas 5.000 persoas desfrutaron este pasado fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do festival A Candeloria Lugo, consolidado xa como un dos referentes da escena rock, punk e hip-hop de toda Galiza.
 
Con un cartaz que apostou polo talento galego (Hugo Guezeta, Dakidarría ou Flow do Toxo), referentes do estado español (Boikot, Sons of Aguirre & Scila, Lendakaris Muertos, Koma ou Narco -que elixiu Lugo como o seu único escenario para todo o noroeste español) e bandas internacionais (Pigs Parlament e Abaixo cu Sistema), o recinto feiral foi unha auténtica festa de dous días.
A organización da Candeloria adiantou o segundoavance de artistas da Pista Extra, o festival irmán da Candeloria que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o 29 de novembro. As bandas que se unen a Evaristo, primeiro artista confirmado hai xa semanas, son: Talco, Catalina Grande Piñón Pequeño, Manolo Kabezabolo e Faul.
 
Nos próximos meses dará a coñecer os dous nomes que faltan para completar o cartaz.
 
As entradas, dispoñibles na páxina web www.pistaextra.acandeloria.org

Iván Mouronte, ilustrador e fotógrafo colaborador habitual deste medio dixital. 

Web oficial de Iván Mouronte