A cuarta edición do Lugo Music Festival, co seu enfoque multisiciplinar, curso de canto e campus-concurso de dirección musical tivo lugar do día 18 até o 23 de agosto de 2025.

Pablo Pérez foi o gañador do IV Campus-concurso de dirección musical, Raquel Carrera foi galardoada coa Mención do Público.

Quedaron finalistas Elías Bernabé e José Luis Pardo.

As rúas de Lugo, o Círculo das Artes e a Capela de Santa María, acolleron concertos cunha gran variedade de estilos.

Un festival organizado pola asociación Músico Crisanto co apoio de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Fotos: Marcos Loopez.