Viva o San Froilán 2025 – A mirada de Iván Mouronte

+ FOTOS coa mirada de Iván Mouronte sobre o San Froilán 2025 en:  https://www.vivaosanfroilan.com/

IVÁN MOURONTE

Ilustrador con alma de animador e amante da fotografía de música en vivo. A formación como deseñador gráfico tamén axuda. Realiza ilustracións para prensa, cartelaría, portadas musicais, camisolas, videoxogos, deseño de personaxes, etc. Colabora habitualente con VivaLugo e El Notario del siglo XXI.  Animación (2D e Stop Motion) e Motion Graphics: videos explicativos (Linknovate, Hola Portal), vídeos para galas deportivas (Premios Líder, Presentación do equipo do Ensino), proxeccións para Pangea de Abraham Cupeiro, curtametraxes (Polo Sen Cabeza, Sopa de Tartaruga), teaser do filme SKHID de Fernando Cortizo… Banda deseñada: «Compostela, camiño de pedra» con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (2015, Turismo de Santiago de Compostela), proxectos persoais curtos como «Grum!» e «Materia de colorenchos».

facebook.com/i.mouronte.b
instagram.com/i.mouronte.b
vimeo.com/imouronte

Viva o San Froilán 2025

Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.

Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

Este San Froilán 2025 contamos para documentar e aportar a súa mirada persoal sobre as festas, con:

 
e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas á súa maneira.
 

Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.

Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/