Viva o San Froilán 2025 – A mirada de Raquel Lamas

«O fío condutor das imaxes é a cor vermella co obxectivo de facer unhas fotografías descritivas do San Froilán, pero que ao mesmo tempo tamén falasen un pouco do mundo actual»

+ da súa mirada sobre as festas do San Froilán en: https://www.vivaosanfroilan.com/

Raquel Lamas

Fotógrafa en Mate Estudio dende hai once anos, combina o seu traballo profesional na fotografía de social e retrato cunha intensa mirada persoal cara á fotografía documental e de rúa.

A través da súa cámara, explora o cotián cun ollar atento, buscando aquilo que resulta “tough to like, tough to see, tough to make, tough to understand”, como di Meyerowitz, un dos seus referentes. Interésalle atopar beleza e significado en escenas que adoitan pasar desapercibidas, especialmente no contexto lucense.

Na conta @la_mas_calamidad comparte esta faceta máis íntima e directa, onde a rúa convértese nun escenario aberto no que xorden encontros, xestos e fragmentos de realidade que constrúen narrativas visuais únicas

Viva o San Froilán 2025

Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.

Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

Este San Froilán 2025 contamos para documentar e aportar a súa mirada persoal sobre as festas, con:

 
e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas á súa maneira.
 

Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.

Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/