8 concertos a non perder no Festival de Música Cidade de Lugo 2025.

Grandes figuras do panorama musical nacional e internacional, do 17 ao 31 de maio, en distintos escenarios da cidade.

A 52 edición do decano dos festivales galegos e un dos máis antigos do estado español, O Festival de Música Cidade de Lugo ou Semana da Música do Corpus, trae á cidade 8 concertos nunha programación que abarca cinco séculos de música, con predominio da música barroca nesta edición, pero sen deixar de lado a música de cámara ou a sinfónica, e sempre coa premisa básica de apostar pola calidade e a diversidade de enfoques e repertorios.

PROGRAMACIÓN:
17 de maio – Auditorio Fuxan os Ventos – 20:30 h – Gallaecia Ensemble Barroco – «Eu, Francesca» 

Espectáculo escénico-musical en conmemoración do 400º aniversario da creación de La Liberazzione di Ruggiero de Francesca Caccini, primeira ópera que se conserva composta por unha muller.

Baixo a dirección da violinista galega María José Pámpano, o ensemble presenta un concerto teatralizado no que brindarán homenaxe a mulleres compositoras da época barroca. 

A actriz Inés Salvado da vida a unha das compositoras máis célebres de todos os tempos: a italiana Francesca Caccini. Da súa man e tamén da soprano Rosana Orsini, adentrarémonos nunha viaxe musicada tras as súas propias pegadas e a de outras ilustres compositoras que nos levará dende a Florencia dos Médici até o mesmo corazón de Versalles ante o Rei Sol.

20 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h – La Spagna con Jiayu Jin, soprano – «Lamenti di donna»

La Spagna é un dos grupos emblemáticos da interpretación historicista. A soprano Jiayu Jin porá voz ao «lamento» feminino nun conmovedor programa que combina poesía e música do Seicento italiano.

23 de maio – Conservatorio Prof. de Música “Xoán Montes” – 20:30 h – La Ritirata – «Il Spiritillo Brando (Músicas cortesanas de Italia e España na transición do Renacemento ó Barroco)»

O grupo de música antiga La Ritirata presentará un conmovedor percorrido pola música que se bailaba no Reino de Nápoles e nas cortes de España e Italia durante o inicio do barroco.

La Ritirata
Cosmos Quartet
24 de maio: Música na rúa (música nas rúas a cargo de alumnado do conservatorio, escolas de música e agrupacións e interpretes lucenses, das 12:00 ás 19:00 h).
24 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h – Cosmos Quartet – «Ecos Londinenses (Haydn, Adès, Purcell & Britten)»

O multipremiado Cosmos Quartet interpretará cuartetos de corda de catro compositores que viviron en catro séculos diferentes pero que están unidos pola súa conexión con Londres.

27 de maio – Conservatorio Prof. de Música “Xoán Montes” – 20:30 h –  Eduardo Fernández, piano – «Recital»

Eduardo Fernández, gañador do Premio Ojo Crítico de Radio Nacional de España e un dos mellores pianistas da súa xeración, afrontará un esixente recital con obras de J. S. Bach, Chopin, Liszt e Sibelius.

Eduardo Fernández
Isabel Rubio
29 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h – Carlos Mena, contratenor e o grupo Concerto 1700 – «Sacro Vivaldi»

A música sacra de Antonio Vivaldi será a protagonista deste concerto.

30 de maio – Auditorio Fuxan os Ventos – 20:30 h – Orquestra Gaos con Pablo Ventero, violín e Fernando Briones, director – «Falla: O Sombreiro de tres picos / Bruch: Concerto para violín»
31 de maio – Auditorio Fuxan os Ventos – 20:30 h – Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Nancy Zhou, violín e Isabel Rubio, directora – «Paisaxes sonoros: de Beethoven a Chaikovski» (a Sinfonía número 6 de Beethoven e o concerto para violín de Chaikovsk)
ENTRADAS:
Concertos de balde ou a precio simbólico:

Os concertos programados no Círculo das Artes de Lugo e no Conservatorio Prof. Música “Xoan Montes” serán de balde ata completar aforo. Para os concertos programados no novo Auditorio Fuxan os Ventos, as entradas deberán adquirirse en entradaslugo.es ou na Oficina de Turismo, praza do Campo 11 (Horario todos os días de 10 a 18 horas).

Web oficial 

O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación (Área de Cultura) e a Sociedade Filharmónica de Lugo.