A Xunta de Galicia abriu a convocatoria de axudas do novo fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 dotado inicialmente con 1,5 millóns de euros
Diríxese a proxectos de empresas, cooperativas, entidades sen ánimo de lucro e autónomos financiados ao 100% con achegas de ata 10.000 e 4.000 euros
Inclúe un amplo abano de iniciativas de música, audiovisuais, artes escénicas, dinamización da lingua, patrimonio, libro e turismo cultural, entre outros

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, Política Lingüística promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:

  • Dinamizar a lingua propia de Galicia
  • Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 para que ninguén quede fóra
  • Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais

Poden presentar as súas propostas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 (Fondo X21):

  • Autónomos
  • Empresas privadas
  • Entidades culturais sen ánimo de lucro

Recibirán un apoio de ata 4000 € no caso dos autónomos e de ata 10 000 € no caso das empresas e entidades culturais. Estas cantidades poderán financiar ata o 100 % do proxecto.

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden pertencer aos seguintes ámbitos:

  • Virtual (vídeos, música, películas, documentais, fotografías…)
  • Presencial (actuacións teatrais, musicais, exposicións…)
  • Outros servizos: materiais e produción

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2020.

Logo da resolución, o prazo de presentación dos proxectos rematará o 31 de decembro de 2020.

Cartel de Aberta a convocatoria de axudas "Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021"

Na seguinte web máis información e documentación