Rebeca de "Mi madre no me deja" en el taller

ABRIL 2018 A voceira do Goberno, Pilar García Porto, ven de informar da aprobación en Xunta de Goberno da programación Promoción da Artesanía 2018, á que o Goberno da Deputación duplicou os fondos nesta anualidade, o que permitirá ofrecer máis dun centro de cursos e demostracións de artesanía tanto a Concellos como a Asociacións. Cómpre lembrar que o Executivo da Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia. Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación – en www.deputacionlugo.gal hai este espazo con toda a documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude.  – 

Promoción da Artesanía 2018, dotada con 57.000 euros, consta de dúas liñas de actuación destinadas a promover o sector artesanal da provincia, ao tempo que investimos na dinamización cultural dos concellos cunha oferta lúdica para os veciños.

– A liña de cursos e eventos artesáns, dotada de 44.000 euros, está dirixida a financiar actividades de promoción da artesanía. Estas axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva

– A liña de demostracións en vivo, dotada de 13.000 euros, permitirá realizar demostracións de ducias de especialidades. Tanto os profesionais que se encargarán de facelas como os Concellos e Asociacións solicitantes deberán inscribirse previamente.

Info completa das liñas nesta ligazón da deputación.