Malandromeda-lar-Legido-liberdades-sonoras-lugo-1
Panorámica parcial do concerto de Malandrómeda vs Lar Legido

Maio 2018 O centro cultural O Vello Cárcere está de aniversario, o primeiro, sempre especial. Un ano cheo de actividades que han contribuido a revolucionar e evolucionar a vida cultural da cidade: expos, teatro, charlas, cine, concertos … para todos os gustos e público, que por certo está a responder e de qué maneira ás propostas. Hai ganas de arte e cultura en Lugo, hai ganas de ir e moito ao Vello Cárcere. 

Para celebralo organiza as seguintes actividades:

Este domingo, 13 de maio, ás 12:00 horas, proxectarase o vídeo Exposición dende o panóptico, cada cela unha fiestra, unha reportaxe feita pola Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, «un pequeno homenaxe aos e ás 13 artistas da triple exposición interdisciplinar que acolleu o Vello Cárcere», e que reuniu, por primeira vez, unha serie de traballos de diferentes figuras da arte galega e peninsular, que dialogaron co espazo carcerario e coa súa memoria a través de obras escollidas ou elaborada de maneira específica para este lugar.

Posteriormente, ás 13:00 horas, proxectarase un conxunto de 4 vídeos, cos que baixo o nome de Vivencias, se volverá á memoria do Vello Cárcere con historias dos familiares de presos que estiveron neste centro. Nel participan José Luis Mundiña Pozas, Manuel Cuesta Vázquez, Rafael Pérez de Vega e Claudio Rodríguez Fer. A Fundación TIC tamén elaborou estes vídeos. 

Os actos de aniversario continuarán o martes, 15 de maio, a partir das 20:30 horas cun encontro co escritor Lorenzo Silva e o neto do arquitecto que deseñou o Vello Cárcere, José Antonio Cobreros Aranguren. Intervirán sobre o libro de Silva, Recordarán tu nombre, que fai memoria ao ferrolá José Aranguren, fusilado por manterse fiel á República durante a Guerra Civil.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basasdre, presentou este xoves, no patio central do Vello Cárcere, a programación para conmemorar o primeiro aniversario deste espazo histórico reconvertido a centro sociocultural.

A Fundación TIC, dependente da Deputación, foi a encargada de gravar os 5 vídeos que se exporán nesta celebración