Adra Pallón obtén o Premio “Galicia en Foco” pola serie “Cinza e Lume” na 31ª Edición do certame de fotoxornalismo que convoca o Club de Prensa de Ferrol.

A serie do fotógrafo lucense Adra Pallón “Cinza e Lume “ distribuída por EFE e publicada en varios medios como Viva Lugo, El Progreso, Faro de Vigo, 20 Minutos, como peza informativa sobre os efectos que asolaron Ribas de Sil e que foron os peores do ano en Galicia, foi elexida como Serie do Ano. 

A foto-reportaxe “Cinza e Lume”, foi valorada polo xurado como unha serie “que nos sitúa nas entrañas dunha devastación forestal e no sentir das persoas que están na línea da loita contra o lume como se pode observar en todas e cada unha das fotos da serie”.

O Xurado da XXXI Edición de Galicia en Foco estivo constituido por Daniel Díaz Trigo, Gala Santalla, Ángel García Rey e Xulia Díaz, actuando como secretario, con voz pero sin voto, Xoán Rubia.

Ver a serie completa en Viva Lugo