Comeza o mes da ciencia en galego en Lugo. Xa hai datas para o DivulgaTerra 2021: xoves 18 e xoves 25 de novembro a partir das 19:30, na Casa do Saber (praza de Pío XII, Lugo).

O DivulgaTerra é un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores do Campus Terra, e potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.

A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración vannos contar algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo.

Nesta edición, 20 mulleres e homes que investigan ou imparten docencia neste campus, falarán do seu traballo e de como este está máis conectado do que pensamos coa vida de todas e todos nós.

A asistencia é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala tendo en conta as restricións impostas pola normativa COVID que estea en vigor os días do DivulgaTerra.

É obrigatorio usar máscara de boca e cumprir todas as indicacións do persoal da organización.