Comenzan as visitas guiadas do programa de Rutas Connexio: precorridos guiados para coñecer a paisaxe rural, o patrimonio arquitectónico (sacro e popular) e a arte contemporánea nas igrexas do Camiño Primitivo.

Este sábado 5 de xuño comezan as visitas guiadas da Ruta Connexio: precorridos guiados para coñecer a paisaxe rural, o patrimonio arquitectónico (sacro e popular) e a arte contemporánea inspirada nas igrexas do Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Lugo. Con razón das normartivas sanitarias en vigor, o aforo é limitado e é obrigatoria reserva. Inscrición en info@guiasdegalicia.org ou no teléfono 606 985 185. As rutas son gratuítas polo patrocinio do Concello de Lugo. 

PROGRAMA:

SÁBADOS E DOMINGOS de xuño, xullo e agosto de 2021.

Visitas guiadas ás intervencións de arte contemparánea gañadoras dos Premios Connexio nas igrexas do Camiño Primitivo na contorna rural do municipio de Lugo.

Os desprazamentos durante as rutas realízanse en coches particulares. É posible inscribirse só á Ruta 1, só á Ruta 2 ou ás dúas rutas.

Grupos reducidos.

É necesario o uso de máscara hixiénica durante a realización de toda a actividade, así como gardar a distancia de seguridade seguindo as recomendacións sanitarias vixentes.

Inscrición en info@guiasdegalicia.org ou no teléfono 606 985 185. As rutas son gratuítas polo patrocinio do Concello de Lugo.

RUTA CONNEXIO 1

11:00 h. Punto de encontro na Igrexa de San Martiño de Poutomillos.
Dende alí desprazarémonos en coches particulares ata as igrexas de San Miguel de Bacurín, San Vicente do Burgo e San Xoán do Alto.
Duración aprox 3 horas.

RUTA CONNEXIO 2

16:30 h. Punto de encontro na Capela do Carme.
A continuación desprazarémonos en coches particulares á Igrexa de Santa María de Gondar.

Guías de Galicia Web

Eventos na nosa axenda