Raposa é unha banda pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad.
Consolidada sobre un cimento de corda pulsada, a súa proposta sobrevoa paisaxes batuxados por música clásica, jazz, músicas do mundo, canción protesta ou pop, nunha execución rebosante de matices e delicadeza.
O material sonoro desprende equilibrio e proporción, música orixinal que evoca armonías pretéritas, exóticas e vernáculas; unha confección acústica concebida coma ofrenda e reivindicación do honesto e fermoso da natureza humana e da música como ferramenta de cambio social.
María Villanueva, integrante da banda do músico cántabro Jaime Velasco, do proxecto luso-galego Fonte Grande, do Dúo 2028 ou, baixo o seu propio estandarte, do cuarteto María Solita, aporta a súa guitarra clásica, a guitarra acústica e a súa voz.
Rubén Abad, crónico asiduo á escena musical galega xunto a distintas formacións de corte ecléctrico coma Trilitrate, Cró!, Es un Árbol, Peña, Orquestra Metamovida, etc., contribúe coa guitarra eléctrica, a guitarra clásica e o catro portorriqueño xunto á súa voz.
https://www.instagram.com/raposabanda/
LEMBRA: Domingo 18 de maio de 2025 no Centro Arqueolóxico San Roque ás 12:45 horas. Entrada de balde ata completar a cabida.
Olalla Caamaño é unha vocalista luguesa que formou parte de bandas de estilos moi diversos ao longo da súa traxectoria, pasando dun canto más lírico ao pop ou rock alternativos, ou ao swing máis clásico.
Actualmente, desenvolve un proxecto en solitario, no que a voz é o eixo central de expresión para xerar paisaxes sonoras, dende a sinxeleza e a profundidade.
Amalgama a proposta en directo mediante sinerxías con artistas de varias disciplinas, como o batería Rafael Mallo, o bailador Diego M.Buceta ou o Colectivo 3Monos, especializado en danza e movemento e do que forma parte. Neste concerto acompañarán a Olalla, o batería Rafael Mallo (Triángulo de Amor Bizarro) e a compañía de danza Ay cariño.
A súa vocación vai máis alá de ser un concerto habitual. Preséntase como unha experiencia de conexión a través dunha temática concreta. Non son cancións cunha estrutura tradicional, senón algo máis instintivo e emocional. Composicións sinxelas e delicadas. Nanas, mantras e bucles envolventes. Unha enerxía contida que pode estalar.
https://www.instagram.com/oliguatine/
LEMBRA: Domingo 18 de maio de 2025 – Sala de Exposicións Porta Miñá ás 18:30 horas. Entrada de balde ata completar a cabida.
Concertos promovidos por Tele-Clube Lugo en colaboración con Cultura e Turismo de Lugo
Polo Día Internacional dos Museos
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte