DivúlgaT 2023 – Monólogos de divulgación científica do Campus de Lugo
Un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores deste Campus, e potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.
A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración, docentes e a mocidade investigadora, vannos contar algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo.
Este xoves 23 e o xoves 30, a partir das 19.30 horas, no Vello Cárcere.

O evento de divulgación científica ‘DivúlgaT’, promovido pola Asociación Investigadores Agromar, achegará este xoves 23 de novembro, a partir das 19.30 horas, nas dependencias do Vello Cárcere, novos petiscos das liñas e proxectos de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra da sede universitaria luguesa.

A mocidade investigadora aproveitará estas intervencións para presentar en lingua galega os seus respectivos ámbitos de traballo e proxectos de I+D. 

A entrada é libre e de balde para todo o público interesado escaneando o código QR do cartel ou en:

DivúlgaT 2023 Xoves 23 de novembro – eventbrite – 

DivúlgaT 2023 Xoves 30 de novembro – eventbrite – 

A primeira quenda de monólogos científicos do DivúlgaT 2023, este xoves 23/11, achega nove petiscos de investigación sobre temáticas moi dispares. 

Así, María José Ferreira abrirá as presentación co relatorio ‘Intervención asistida con cans nos hospital de Calde’. A esta primeira exposición seguirán ‘Revelando o invisible’, de Rocío Valín e Maider Fernández; ‘As receitas da fame: o éxito dun proxecto de divulgación científica desde a antropoloxía’, con Elena Freire; ‘A nosa lavadora de ARN’, con Stella Hernández, ou ‘Unha ollada ao futuro dos envases alimentarios’, a cargo de Patricia Cazón.

O menú desta primeira sesión do DivúlgaT 2023 inclúe asemade as pílulas científicas É verdade que as vacas contaminan?’, a cargo de Jacobo Álvarez; ‘De Indonesia aos Ancares: Pegadas do ano sen verán nos carballos galegos’, de Ignacio García; ‘Secuetro de proteínas no tratamento do alzhéimer’, con Diego Cora, ou ‘Glico…que?’, a cargo de Nerea Gandoy.

O programa do xoves 30/11 é o seguinte: 

«A mobilidade do futuro ten que ser para todos» Javier Turienzo Riveiro

«Dígocho eu, ou cóntasmo ti?» María Villar López

«Viscoso pero saboroso – parasitos mariños» Ana Saldaña Ruíz

«Redes neuronais artificiais» Carlos Herrero Latorre

Moscas vs corzos, a gran batalla» Néstor Martínez Calabuig

«Algo máis que os mellores amigos do home?» Luciano Espino López

«Tipoloxías de gandarías de vacún de carne na Galiza» Cristian Mirás Varela

«Labrar a terra para curar a mente» Noelia Valiño Vázquez e 

«Axente Dobre D: Licenza para parasitar» David García Dios

Instagram: @agromar_docs

Facebook: Asociación de Investigadores AgroMar