Faladoiro sobe as especies exóticas invasoras nos Encontros de Lúa Chea: «Bioinvasións: desastrosas consecuencias» o 13 de abril de 2023 ás 19 h, na cafetaría da EPS de Enxeñaría.

BOE define especie exótica invasora (EEI) como «aquela que se introduce ou establece nun ecosistema ou hábitat natural ou seminatural e que é un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa, xa sexa polo seu comportamento invasor, ou polo risco de contaminación xenética».

A definición deixa claro o problema que as EEI supoñen no plano ecolóxico: son a segunda causa máis importante na perda de biodiversidade a nivel mundial. En Europa, unha de cada tres especies nativas está en perigo crítico de extinción por causa desta ameaza, que trae competencia polo alimento, introdución de novas enfermidades, hibridación, alteración de hábitats ou de comunidades de especies… Pero tamén hai que poñer o foco sobre o impacto que causan nas actividades humanas (pragas en agricultura ou en explotacións zootécnicas, danos en sistemas de rega ou de captación de auga…) e mesmo na nosa saúde. 

O rápido avance das máis de 200 EEI que existen no Estado (algunhas tan daniñas coma a avespa asiática, o xacinto de auga, a uña de gato, as acacias, a herba da Pampa ou o visón americano) fundaméntase nas características das propias especies. Pero moitas veces vese tamén favorecido pola inacción ou a falta de coordinación entre unhas administracións públicas que deberían actuar como barreira ante ese avance, e parecen permitir a extensión sen control das EEI.

Para falar de todas as vertentes desta preocupante realidade sentamos na Cafetería da EPS a

nunha conversa introducida e guiada por Teresa Rodríguez López, profesora do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. 

Promove: Proxéctate en Galego