Fotografía - Adra Pallón "Home, sweet home"

Premio Zampa de Fotoperiodismo 2022, Premio Nacional de Fotoperiodismo INJUVE 2022…o Adra Pallón envía unha nova remesa de fotos e unha mensaxe: compoñede vosoutros a serie.

Sempre pensando na foto e no social, na influencia da fotografía, pensa sobre se a serie que pensamos nosoutros será a mesma que a que pensou él.

Nunca. Non. Nunca xamais. Cadaquen leva unha serie de fotos dentro, cadaquen pensa e discorre ao seu modo – ata a R.A.G. confirma tal feito – 

Imprimimos e sobre a mesa máis grande da redacción combinamos, descartamos, combinamos, eliximos…e poñemos un nome que malinfluenciados pola cultura anglosaxoa acaba sendo «Home, sweet home«.

ADRA PALLÓN

Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Web oficial Facebook Instagram

+ de Adra Pallón en Viva Lugo:

Lugo na mirada de Adra Pallón

«Se pecha Alcoa, nós tamén»

Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo

Adra Pallón finalista no «Andrei Stenin International Press Photo»

San Froilán 2022 na mirada de Adra Pallón