Pablo Fouz gaña o certame.

O Loopez, fotógrafo deste medio, II Premio, sendo a terceira vez consecutiva que leva un galardón neste concurso

Bego Pérez, colaboradora deste medio, III Premio 

Decembro 2019 A sexta edición do concurso de fotografía «Estampas de Paz e Acougo» trouxo moita felicidade a este medio: o Loopez – fotógrafo en prácticas – un segundo premio e Bego Pérez – fotógrafa colaboradora – un terceiro premio. O gañador do concurso foi Pabo Fouz cunha incríble foto en branco e negro que leva por título “Anxo Mensaxeiro”. 

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, foron as encargadas de entregar o s premios nunha xeitosa ceremonia no Vello Cárcere onde proxectáronse todas as fotografías participantes (e queda pendente, no mesmo centro cultural, a celebración dunha exposición coas gañadoras)

O concurso este ano tivo como temática a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios.

AUTOBOMBO – Sinalar que o Loopez leva tres premios de tres participacións consecutivas neste certame (dous primeiros premios e un segundo), un fito histórico dentro da fotografía lucense que augura un gran futuro no mundo da fotografía para este xoven lucense. FIN DE LA CITA.

II Premio concurso Estampas de Paz e Acougo - Marcos Loopez