A segunda edición do festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade de Lugo, comezará co II combate de pintura mural, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística

«Retomamos por segundo ano esta proposta que nos permitiu durante os últimos meses desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de  moitas rúas de Lugo», explicou Rubén Arroxo.

As inscricións poderán realizarse ata o vindeiro 13 de agosto, e as e os artistas interesados en participar deberán achegar un currículo e un dossier cos seus proxectos e traballos máis relevantes.

O 17 de agosto comunicaranse os artistas seleccionados para participar no II combate de pintura mural, que terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€.

Promoven área de CulturaEspazo LUPA Arte

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co artista local Iago Eireos, representando ao espazo LUPA Arte presentando a segunda edición do festival de arte Culturban