O Arde Lucus da comezo cun spot promocional e un documental onde se reflicte a capacidade de superación do pobo de Lugo
O Arde Lucus máis virtual da comezo este xoves á súa XIX edición co lanzamento do spot promocional desta edición e cun emotivo documental, no que representantes das 19 asociacións vinculadas á celebración falan da súa importancia para a cidade.
Ademais, desde ás 18.00 horas se emitirán desde as redes sociais da Arde Lucus distintos vídeos elaborados polos colectivos, onde se ven reflicten aspectos importantes da historia romano castrexa de Lugo, e ás 23.00 horas será o prendido da chama virtual Arde Lucus na Torre do reloxo da Casa Consistorial.
O épico vídeo promocional, en galego e castelán, conta coa participación de todas asociacións en distintas localizacións emblemáticas. A voz do actor Luis Iglesias vai dirixindo un vídeo onde se recolle á forza desta celebración e a capacidade de superación do pobo de Lugo: “Baixo o lume sagrado da nosa memoria, na forxa dos deuses, en pedra e auga, trazaredes o voso camiño. Cando precisedes azos para seguir, o folgos para resistir, a vida ensinaravos que cada paso nos levará á fortuna. E cada pegada asegúrovolo, sinalará o camiño á victoria. Este é o voso fogar, olládeo, Lucus Augusti”.
Podes ver o spot no noso facebook e instagram.
Estamos pendentes da conta do You Tube do Arde Lucus para o documental.