Aberto o concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lucus 2022 que ademáis gañará 1.500 €, os restantes carteis presentados, serán expostos na Casa da Xuventude e nas redes sociais durante un mes.
TEMA
Tal e como avanzou Repetto, Concelleiro de Xuventude, “Os deseños deberán reflexar o espíritu da festa Arde Lucus, facendo especial fincapé na reconstrucción histórica e a volta da cidade a época da súa fundación, tendo en conta a romanos e castrexos como protagonistas”.
PRESENTACIÓN
A entrega de orixinais efectuarase na Casa da Xuventude dende a convocatoria ata o 24 de febreiro do 2022. O horario de entrega será de 10.00h a 14.00h e de 16.30h a 21.30h, ou por correo certificado na seguinte dirección: Casa da Xuventude, R/ Xesús Bal e Gay s/n, 27002 LUGO.
VOTACIÓNS
As obras presentadas serán exhibidas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se fará unha votación popular da que se seleccionarán aquelas que logo serán sometidas á votación do xurado.
“Unha vez realizada a primeira escolla, de forma on- line, seleccionaranse 10 carteis se o número total de traballos non supera os 50 e, no caso de que se houberan presentado máis de medio cento, entón elixiranse, a maiores dos 10 máis votados, o 10% do número total de obras presentadas”, explicou o concelleiro.
O praZo para a votación estará aberto desde as 12:00 horas do 5 de marzo ata as 12:00 horas do día 12 dese mes. Unha vez feito o reconto de votos, a selección farase pública a través das redes sociais oficiais do Arde Lucus e da propia web da festa e do Concello de Lugo www.concellodelugo.gal.
O Concello de Lugo seleccionará un xurado formado por tres persoas expertas o cal será o encargado de seleccionar a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular o día 7 de marzo ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.
BASES
As bases completas estarán dispoñibles para todas as persoas interesadas na páxina oficial www.ardelucus.com, na web municipal www.concellodelugo.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.