DEC 2017
O Concello de Lugo vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización que convida a agasallar libros e xoguetes non sexistas neste Nadal, do mesmo xeito que xa se fixera o ano pasado. A finalidade é concienciar ás familias e promover a igualdade dende idades temperás.

A literatura infantil ten un potencial educativo que a converte en ferramenta de socialización de primeira orde, na que se van interiorizando os valores e actitudes de cada persoa. De aí que, tal e como subliñou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, «se queremos construír unha sociedade máis igualitaria, a lectura infantil e xuventil ten que ser un instrumento que axude a rachar coas ideas estereotipadas que existen na actualidade sobre as mulleres e homes e que amose unha visión do mundo baseada na igualdade, no respecto e na liberdade«.

No que se refire aos agasallos a iniciativa inclúe 10 claves para a compra responsable e non sexista de xoguetes:

  • que poidan xogar nenas e nenos indistintamente
  • que evite a transformación de estereotipos sexistas e non fomente a violencia
  • que facilite poder xogar cos demais e as relacións entre iguais
  • que non favoreza a rivalidade
  • que potencie as relacións cooperativas
  • que poida xogar calquera nena e non só quen teña habilidades moi específicas
  • que esperte o desexo de xogar
  • que desenvolva a imaxinación e a creatividade
  • que estimule a súa curiosidade e
  • que potencie a capacidade de pensar.  

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES