Outubro 2019 O Servizo de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), celebrou, no Vello Cárcere, a presentación da revista oral A Letra das Festas, que este ano está adicada á memoria das orquestras, ás verbenas e os bises.
O acto, que se desenvolveu baixo o título Popurrí de orquestas, bises e verbenas, foi conducido por Lois Pérez e Antonio Reigosa, e contou con contos e cantos de Luís Cortiñas, Verónica Cambón, Gerardo Iribar e Tino López, xunto coa música a cargo de Tania Pérez.
A Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua apoia á AELG na organización da Letra das Festas, que este ano desenvolveuse baixo o lema “Memorias desde o palco! / Non hai festa sen verbena, / nin verbena sen orquestra / nin orquestra que non presuma de que lle pidan un bis!”
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte