SETEMBRO 2018 A XVII Edición dos Premio Ramón Piñeiro “Facer País”, coa que colabora o Goberno da Deputación, está en marcha e busca recoñecer a labor realizada ao longo do tempo por persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galega … xa o obtiveron personalidades ou entidades como a Asociación Xermolos, Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, Real Academia Galega e Mini&Mero ou Margarita Ledo, entre outros.
Entregase a finais de outubro e non ten dotación económica (o agasallo é un peza de arte de artistas do país ou algunha edición especial de libros). Todas as persoas ou entidades que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo enviando as súas propostas ao Concello de Láncara ata principios de outubro.
Está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, coa que colaboración de diferentes asociacións da Comarca de Sarria e O Corgo, xunto con Concello de Láncara e o Colexio “Ramón Piñeiro” da Pobra de San Xiao .