Programa da Semana de Cine de Lugo 2024

A 46ª Semana de Cine de Lugo celebrarase do 23 ao 29 de setembro.

A carteleira inclúe 147 películas que poderán verse en cinco espazos da cidade, como a Delegación Territorial da Xunta, a Biblioteca Provincial, o auditorio Gustavo Freire, o Vello Cárcere e o salón de actos da Deputación.

A carteleira está organizada en varios ciclos: Infantil, O mellor do ano, Sección oficial, Cine Documental, Homenaxes, Cine español inédito, Cine galego, As curtas tamén son cine e Cine galego curtas.

O programa da Semana de Cine inclúe tamén homenaxes á actriz lucense Melania Cruz e a Ánxel Fole, entre outros, así como a proxección de películas en Aspnais e en centros penitenciarios dentro do ciclo especial Deixade que o cine…

Calendario das Actividades especiais
Luns 23:

18,00 – Biblioteca Provincial: Inauguración da exposición de carteis de Cine Cubano de Eduardo Muñoz. Estará aberta ata o próximo 12 de outubro.

19,00 – Paseo do Cine (Parque de Frigsa): Descubrimento da placa homenaxe a Baños Films

20,00 – Salón da Deputación Provincial: Presentación do libro homenaxe a Baños Films. Os asistentes ao acto de presentación, recibirán cadanseu exemplar do libro.

22,00 – Auditorio Gustavo Freire: Inauguración da XLVI Semana de Cine con “ A maxia da música”, coa actuación da Banda Sons e Soños, dirixida por Armando Morales e do mago David Méndez. De seguido, primeira proxección da sección oficial.

Martes 24:

18,00. Xunta de Galicia. Presentación da película “Os valores no Camiño”.

20,00 – Deputación Provincial: Homenaxe a Aspnais. Intrerveñen J. Reigosa e Xulio Xiz. Proxección de “La naturaleza de lo extraordinario” (Ligia Pájaro, Vicente Navarro).70 min. A Escola do Pensamento Libre é un proxecto de filosofía para a discapacidade intelectual nun ágora en que todo o mundo, independentemente da súa capacidade, é benvido. O extraordinario inscríbese poeticamente no ordinario nunha utopía posible.

Mércores 25:

17,30 : Deputación Provincial. Proxección de “Heroes olvidados” (Juan Manuel Plaza Pascual). 90 minutos. España, 2023. Produción independente baseada en testemuños e reflexións de traballadores sanitarios sobre o vivido e sufrido durante a Crise Sanitaria do Covid-19 no Estado español e na fase de “postpandemia”.

19,30: Falemos do Covid. Que pasou na pandemia?. Modera Xulio Xiz. Interveñen: Lourdes Bermello López (Enfermeira de Hospitalización no Hula; Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo), Isidoro Rodríguez Pérez (E.U.E de Lugo, Académico da Academia de Enfermaría de Galicia) Manuel Bernardino Pardo Teijeiro, Manu (Médico de atención primaria), Sagrario Fernández Méndez, Marisé, (Traballadora social) e Mercedes Castro Bal (Psicóloga especialista en psicología clínica).

20,00: Deputación Provincial. Proxección da longametraxe “Dolor impune” (Gabriel Chicano).95 min. España, 2023. Catro rapaces – Ilan, Laura, Óscar e Kira – tomaron a tráxica decisión de quitarse a vida, presuntamente a raíz do acoso e abuso que experimentaron na escola. A segunda metade da película centrase na loita dos pais de Kira durante o último ano. Esta viaxe sen retorno está repleto de obstáculos, noticias esperanzadoras e desafíos que os levarán ate o Congreso dos Deputados.

21,35.- Falemos de “Suicidio”. Modera: Xulio Xiz. Interveñen: Fernando Truque (Director de Alar Galicia), Elena Fernández (Psiquiatra.

Responsable MIR psiquiatría, Sergas Lugo) e Miriam Vázquez Campo (enfermeira, psicóloga, membro da Academia de Enfermaría).

Xoves 26:

20,00. Deputación Provincial. Homenaxe ao fotógrafo Bernardino Barreiro Proxección de “O Rizo”, Galicia, 2023. 7 min. Dtor: Xoán Bregua. Xosé Manuel Arias, o «O Rizo» foi fotógrafo «de rúa» que viviu en Ourense a mediados do s. XX. O fotógrafo orixinario de Castro Caldelas narra a través dunha voz omnisciente como foi o seu labor e a vida. A voz narradora, que adquire a personalidade de «O Rizo», acompáñanos explicando a súa vida e obra, así como os costumes da época, visibles en cada imaxe que tomou.

20,20, aprox.: Deputación Provincial. Homenaxe “Ánxel Fole e o cine”. Presentacion libro: Anxel Fole e o cine (C. Rodriguez Fer). Interveñen: Claudio Rodriguez Fer, Enrique R. Baixeras, Manolo Curiel e Xulio Xiz.

Proxección de “O cadaleito”. Galicia, 1976-30 minutos.-Director: Enrique R. Baixeras. Inspirado no conto «A caixa de morto», de Anxel Fole, trátase dun relato case naturalista que refire como uns ladróns pretenden valerse dun cómplice escondido nun cadaleito para entrar nun pazo, pero este é descuberto polo administrador.

Venres 27:

18,30: Paseo do cine. Descubrimento das placas de Melania Cruz e Ánxel Fole. Intervirán Melania Cruz e Claudio Rodríguez Fer.

20,00: Deputación Provincial. Homenaxe a Melania Cruz. Intervirán: Melania Cruz, Alfonso Zarauza, Manuel Curiel e Xulio Xiz. Proxección de “Pontevedra hora cero”. Galicia, 2023. 36 min. Dtor: Alfonso Zarauza. Un director de cinema quere rodar un documental sobre a milagre urbanística de Pontevedra pero en plena rodaxe decátase de que coñece pouco a cidade e de que o tema non o motiva. Entra en crise creativa e quere rodar unha ficción. Contacta coas súas actrices habituais e logra sacar adiante o proxecto.

22,30.- Auditorio. Proxección de “Vestida de blanco”, última das películas da sección oficial, presentada pola súa directora, a mexicana Noelia Roel.

Domingo 29

17,00: Auditorio. Gala de clausura: Entrega de premios do Certame de escaparatismo; Homenaxe aos ex presidentes de Fonmiñá; Anuncio do Palmarés da Semana de Cine e Proxección das películas premiadas.

PROGRAMA SEMANA DE CINE DE LUGO 2024 POR DÍAS:

PROGRAMA DA SEMANA DE CINE DE LUGO POR CICLOS E SECCIÓNS:

ACTIVIDADES PARALELAS: