Programación de actividades polos 25 anos da Muralla como Patrimonio Mundial.

O concerto do pianista James Rhodes e un gran espectáculo nocturno de drons son algunhas das citas organizadas pola Alcaldía, nunha programación que inclúe preto de 15 actividades, desde o 12 ao 30 de novembro.
A Tenencia de Alcaldía conta con 7 actividades na semana da grande celebración da Muralla, incluíndo un novo concerto da Banda Municipal.
Grupos de teatro, corais e baile intervirán nun programa que combina actos deportivos, institucionais, xornalísticos ou de maxia con concertos de música clásica e de jazz.
As citas culturais, promovidas polo Concello de Lugo, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e pola Xunta de Galicia son: 

O 13 de novembro, dentro do programa de concertos do Festival de Jazz de Lugo, terá lugar a actuación do grupo March Mallow, no Círculo das Artes.

O 19 de novembro terá lugar unha das grandes actuacións deste programa, a do pianista James Rhodes no auditorio Fuxán os Ventos ás 20:00 horas con entradas en entradaslugo.es

Actuacións do Mago Rafa, os días 22, 23, e 29 e 30 de novembro en horarios de mañá e tarde, no centro da cidade.

Compañías teatrais, tanto amateur como profesionais, protagonizarán na mañá do día 22 un espectáculo teatral que tomará a muralla como telón de fondo, para ir percorrendo o monumento e parar nas diferentes portas, asistindo a breves representacións teatrais da cada unha das compañías. 

O martes 25, concerto da pianista Isabel Dobarro ás 20:00 na Sede da Delegación territorial da Xunta con entrada de balde ata completar capacidade

O mércores 26, actuación de Corais no Auditorio Fuxan os Ventos ás 19:00 hs.

Corais: Cantigas e Frores, 4º Ciclo da USC, Sólo Voces y Grupo Coral Lugh

ENTRADAS: de balde en entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

O 27 de novembro, o Concello de Lugo colaborará nunha iniciativa na que participan empresas lucenses e a comunidade educativa para rodear a Muralla e darlle un abrazo quilométrico por estes 25 anos de distinción.

O día 27, no MIHL, «Cociñando Contos», unha actividade destinada ao público familiar a partir das 18:00. Dentro da programación de animación á lectura, a profesora Alba convidará ás nenas e nenos de Lugo a unha sesión única na súa cociña de contos. ENTRADAS: de balde en entradaslugo.es 

O público adulto desfrutará tamén o día 27 de programación teatral co espectáculo “Ellos y yo, o aquella sensación de que los árboles te miran”, de Jordi Font, que comezará ás 20:30 no Gustavo Freire. Trátase dunha viaxe íntima e conmovedora a través do imaxinario dun neno que se fai maior. É un espectáculo que combina o teatro de obxetos e o videomapping onde a fenda entre realidade e fantasía desaparece.

ENTRADAS: en entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

VENRES 28

Espectáculo de drons – Venres 28 de novembro de 2025 – 19:30 horas – Mirador do Parque de Rosalía de Castro, Lugo.

Ofrenda á Muralla de Lugo das asociacións do Arde Lucus e desfile

Venres 28/11/2025 – 20:30 Contorna da Mosqueira – Ao rematar a ofrenda: desfile polo casco histórico.

Dos días 28 ao 30 de novembro, veciños, veciñas e visitantes poderán degustar unha tapa creada especialmente para esta efeméride en doce establecementos da cidade, nunha proposta pensada para que a conmemoración chegue tamén aos espazos cotiáns e aos elementos que forman parte da identidade lucense.

Participan: Cachivaches, Glam Taoo, Gran Café, Karrusel, La Perdiz, O Postigo, Pasarela, Porta Santiago, Saxo, Taberna Daniel, Tapería O Peque e Toni Portela, 

SÁBADO 29

Concertos de acordeonistas ás 12:00 e ás 17:00 no Edificio Administrativo de la Xunta de Galicia en Lugo. Entrada libre e gratuíta.

19:00 horas: concerto presentación do Coro Infantil da Banda Filharmónica de Lugo no Fuxan os Ventos. Entrada: gratuíta en entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

AVISO: CAMBIO DE DATA. O DESFILE SERÁ O VENRES 28/11 – 20:30 HORAS Este día, Lugo vivirá unha noite máxica que comezará co desfile das asociacións de recreación histórica do Arde Lvcvs, unha festa unida de xeito indisoluble á Muralla, ambas con distincións internacionais. Ás 19:00 horas na Pza da Mosqueira.

AVISO: CAMBIO DE DATA. O ESPECTÁCULO DE DRONS SERÁ O VENRES 28/11 – 19:30 HORAS A noite continuará ás 20:30 cun espectáculo de drons creado especificamente para esta conmemoración que converterá o ceo da cidade nun lenzo de luz e música para conmemorar esta data. 

A actividade terá lugar nas costas do parque Rosalía de Castro. Consistirá nunha coreografía aérea composta por máis de 150 drons sincronizados, que debuxarán figuras en movemento sobre o ceo ao ritmo da música do compositor Abraham Cupeiro, quen tamén participou na creación da banda sonora que acompañará esta montaxe que une tecnoloxía, arte e patrimonio.

DOMINGO 30

Flashmob dedicado á Muralla, por Gravitty e Star Dance, e que intentarán que o maior número posible de lucenses se sumen a un baile dedicado á Muralla ás 13:30 horas na Praza do Ferrol.

Gala do 25º aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade no auditorio Fuxán os Ventos ás 19:30. Haberá encontros cos auténticos protagonistas do ámbito político, xornalístico e cultural daquel 30 de novembro do ano 2000 así como dos anos posteriores á consecución deste importante logro. Todo elo estará aderezado coa música a cargo da orquestra Terra Nova e outras sorpresas para unha noite máxica.

ENTRADA: gratuíta, en entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

O propio día 30 volverá actuar a Banda Municipal, cun concerto previsto para o Templete da Música da Praza Maior ás 12:00 horas (O Vello Cárcere en caso de chuvia)

Ademais, o teatro continuará o domingo 30 co espectáculo SUM, peza teatral para primeira infancia que terá lugar no auditorio Gustavo Freire con dous pases ás 17:00 e ás 18:30. SUM foi gañadora do Premio Fetén 2025 ao mellor espectáculo para primeira infancia. ENTRADAS: en entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Outras actividades: 

O 12 de novembro comezarán os actos de conmemoración desta data coa visita institucional do alcalde de Viana do Castelo, urbe coa que Lugo está irmandada desde hai máis de tres décadas. Esta visita será ademais o preámbulo da celebración da Executiva do Eixo Atlántico en Lugo, o 13 de novembro, coa que os concellos galegos e do Norte de Portugal sumaranse ao homenaxe á Muralla pola súa declaración e á celebración de todo o pobo de Lugo.

Na mañá do día 30, a Ronda da Muralla acollerá unha iniciativa deportiva ciclista, coa que dar visibilidade a importancia do monumento máis emblemático de Lugo, tamén desde o punto de vista deportivo e saudable