O sábado 6 de setembro en Outeiro de Rei (Lugo) desfruta dunha xornada máxica de 12:00 a 21:00 hs chea de actividades para os nen@s, deportes acuáticos no río Miño, mercadiño eco, Djs jazz, soul, organic house e moito máis.
Garda a data, achégate coa túa familia e despide o vrao da mellor maneira: celebrando a música, a comunidade e o coidado do planeta.
Entrada gratuíta.
Filosofía

Máis alá dun festival: unha forma de vivir e compartir.

«En Ritmos da Ialma cremos que a música, o deporte e a natureza poden convivir en harmonía.Estes son os nosos piares:

Familia → Un espazo seguro onde nenos, nenas e maiores gocen xuntos.

Deporte e vida activa → Actividades urbanas e acuáticas para todas as idades.

Música e cultura → DJs e propostas artísticas que conectan coa natureza a través do ritmo.

Sostibilidade → Reducir residuos e promover hábitos máis responsables co planeta.

Comunidade → Reunir persoas, colectivos e iniciativas locais.

Natureza → Vivir a experiencia e no río Miño, reforzando a conexión co entorno.

Un festival para celebrar o que nos une → familia, deporte, música, sostibilidade, comunidade e natureza.»

Por qué un festival sostible?

«En Ritmos da Ialma queremos demostrar que a festa tamén pode coidar do planeta.

Así facémolo realidade:

Menos residuos → fichas biodegradables e vasos reutilizables no canto de plásticos dun só uso.

Reciclaxe e reutilización → puntos ben sinalados para separar materiais e cartón que se transforma en obradoiros infantís.

Economía circular → actividades para aprender compostaxe e reducir o desperdicio de alimentos.

Concienciación activa → xogos e obradoiros que inspiran a vivir de forma máis respectuosa co medio.

Porque a música soa mellor cando está en harmonía coa natureza.»

DJs

«Prepárate para unha xornada musical única, cun cartel de artistas que combinan house, jazz, ritmos globais e creatividade sen límites. Cada sesión está pensada para ofrecer experiencias sonoras que conectan coa natureza e coa comunidade.

12:00–13:30 – Quimbine

Beats firmes, melodías hipnóticas e conexión única co público. O comezo perfecto para entrar no ritmo do festival.

13:30–15:00 – Didac Tic 

Especialista en House e cultura underground, con experiencia internacional en UK. Sofisticados e profundos viaxes musicais.

15:00–16:30 – Kiko Ron (Kr-On) 

Fusión de electrónica con texturas orgánicas e sons étnicos. Sesións envolventes que levan ao público nun viaxe sonoro.

16:30–18:00 – Alex Nite 

House melódico con jazz cálido e ritmos vibrantes de Brasil. Sesións sofisticadas, emotivas e cheas de groove.

18:00–21:00 – TSCrew DJs 

Peche da xornada con Kiko Ron e Didac Tic. Unha combinación de talento, enerxía colectiva e música en harmonía coa natureza para rematar a tarde por todo o alto.

Ven gozar dunha tarde de música, baile e experiencias sonoras que non esquecerás!»

DEPORTES

Durante a xornada poderás gozar de sesións de Paddle Surf polo río Miño (a cargo da escola Sensación Surf unha actividade para todos os niveis) e iniciación ao Rugby Tag (a cargo do Muralla Rugby Club, unha actividade aberta a todas as idades, nun ambiente seguro e divertido).

https://www.instagram.com/ritmosdaialma/