A Asociación Lugo Monumental, que agrupa a preto dun cento de empresas do casco histórico organiza as seguintes actividades para este Samaín 2019:
46 establecementos do recinto amurallado ofrecerán doces gratis aos nenos que queran participar no Truco ou Trato, actividade que terá lugar durante todo o día 31 de outubro (nos horarios de apertura de cada establecemento), tanto na mañá como na tarde.
Seguindo cadanseu criterio, os establecementos participantes repartirán aos nenos que vaian disfrazados unhas cestas con forma de cabaza para recoller caramelos, distribuíndose un total de 500 unidades. En cada local se lle darán aos nenos uns poucos caramelos. A asociación advirte que non se pode responsabilizar das intolerancias alimentarias.
Un fondo creado polo artista Jesús Crende, autor das imaxes de Lugo Apocalíptico, será o decorado para un escenario terrorífico que terá como motivo central un dos seus montaxes, concretamente un da Capela do Carme semi destruida.
No medio do escenario haberá sobre unha alfombra negra un cadaleito (será un cadaleito real), unhas cabazas con luz e algún detalle máis para ambientar o que se pretende que sexa un lugar perfecto para facer fotos de Samaín.
O escenario estará pola mañá na Praza de Abastos entre as 11:00 e as 14:00 e pola tarde en San Marcos entre as 17:30 e as 21:00 horas.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte