Visita guiada e ruta de tapas pola Milagrosa

Os bares e restaurantes El DotmasLagarOurizoLa Peatonal e Lareira, os hoteis Darío e Los Olmos e  Guido Guía únense creando unha experiencia gastronómica e cultural de dous días en agosto para dar a coñecer o patrimonio e a gastronomía do senlleiro barrio da Milagrosa de Lugo.

As actividades terán lugar o venres 23 e o sábado 24, e nelas combinaranse visitas e paseos guiadosrutas de tapas, e menús especiais para a ocasión.

A experiencia iniciarase o venres cunha visita guiada gratuíta ao barrio a última hora da tarde (20h00), e posteriormente proporase unha ruta de tapas polos 5 establecementos, que terán preparada unha proposta especial para a ocasión. As persoas que proben e selen en tres dos cinco bares participarán nun sorteo de varios obsequios.

O sábado pola mañá será o momento para un paseo guiado -tamén gratuíto- máis longo, de tres horas, pola contorna, de 11h a 14h. Para finalizar, os mesmos 5 locais proporán menús especiais para todas as persoas que queiran reservar e compartir unha última vivencia con todos os participantes.

Os hoteis Darío e Los Olmos colaborarán tamén ofrecendo descontos aos participantes que decidan vir a Lugo esa fin de semana. Unha ocasión para descubrir a Milagrosa e rematar o resto da fin de semana coñecendo Lugo en xeral.

Quen desexe inscribirse á visita e paseo guiado pode facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com, quen queira reservar o xantar do sábado nalgúns dos establecementos pode facelo chamando por teléfono a calquera deles: 

El Dotmas 982217502,

Lagar 982216841, 

Ourizo 982100199, 

La Peatonal 982327393,

Lareira 982214810, e quen queira aloxarse nos hoteis colaboradores pode facelo a través do 982203483 (Hotel Darío) ou do 613 02 42 72 (Hotel Los Olmos)