Os sábados 24 de Novembro e 1 de Decembro terá lugar o primeiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas, un espazo de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán ao redor de que modelo de cidade queremos construír, partindo da necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da transformación social. Para estas xornadas contaremos con persoas da nosa cidade, ademais de poñentes e colectivos que achegarán o seu punto de vista dende diferentes puntos xeográficos, palpando outras realidades.

Este ciclo nace do traballo colectivo, a través da autoxestión, sen mecenados, patrocinadores, nin subvencións e de balde para todas as persoas; pretendendo ser o primeiro de moitos ciclos que sacudirán a nosa cidade e forma de pensarnos colectivamente, traballando xa para as vindeiras xornadas no ano que entra.

Para as persoas xordas, e co fin de facilitar a accesibilidade, se estás interesad@ en vir ponte en contacto con nós a través do email lugosenmordazas@riseup.net porque cando falamos dun Lugo inclusivo non só nos quedamos nas palabras, senón que actuamos en consecuencia.

Programación Sábado 24 de novembro

11:00h – Recepción de participantes e presentación das xornadas.

11:30h – Conferencia: Governar a través do medo
Poñente: Jacobo Teijelo (Avogado Penalista)

Jacobo Teijelo, avogado penalista, con 30 anos de exercicio da profesión que lle permitiron coñecer todas as caras do uso da forza polo Estado. Falará sobre os instrumentos de poder do Estado, neste caso o Concello, para amordazar á cidadanía, na liña doutros patróns de persecución estatal.

12:45h: Descanso

13:00h: Mesa redonda: As principais vítimas das mordazas: grupos en exclusión social

Existen colectivos de persoas que sofren especialmente as precarias condicións da vida, sumado á estigmatización por parte dalgúns sectores da sociedade e o esquecemento ou incluso a represión por parte das administracións.

Participan:
– Uxía Amigo, con experiencia acompañando a persoas sen fogar en Compostela

Unha visión máis alá do económico e de xénero da pobreza. Intervención sobre o “sen fogarismo” e como afectan as ordenanzas municipais ás persoas en situación de exclusión residencial.

– Diego Lores, da ODS Coia e Baladre en Vigo

As formas de control, e tamén de castigo de gran parte da sociedade, pasan por deixarnos sen os mínimos para unha vida digna: desemprego, axudas sociais, despexos… Son xeitos de reprimir a unha ampla parte da xente obrigada a malvivir no medio da riqueza dunhas poucas.

Fronte a isto, desde a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais de Coia, en Vigo) procuramos artellar dinámicas de apoio mutuo e de denuncia que nos sirvan para resistir á vez que imos dando pasos cara as vidas que desexamos.

– Fátima, veciña da Tinería, ofrece servizos sexuais e relata o proceso de xentrificación

Veciña que leva toda a vida entre o barrio da Tinería e o barrio do Carme e que relatará en primeira persoa como agora está sufrindo, ao igual que moitas outras, un proceso de xentrificación, onde se quere expulsar ás clases populares dos barrios en beneficio dunha nova elite económica afincada e que se cre en dominio do espazo.

– Modera: Rede Apoio Mutuo Lugo

Son moitas as inxustizas que @s de abaixo sufrimos sen que exista unha rede en Lugo que logre unificar forzas, fronte ás condicións precarias de vida e de abusos que sufrimos causa de diferentes tipos de opresións (laboral, racismo, clasismo, machismo, homofobia, etc.) Ante isto, a solución é a organización, colaboración e apoio mutuo por parte das persoas, tecendo lazos que logren rachar co status quo do día a día.

14:30h – Xantar vegano. Porque para seguir as xornadas hai que cargar enerxías, trasladámonos dende a Casa Sindical ata o Vagalume C.S-C.A. (Rúa das Nóreas, 5) para comer e compartir (prezos populares).

17:00h: Conferencia: Resistencia e autoxestión en barrio Altos, San Lourenzo (Arxentina)
Poñente: “La Gallega”, membro da ZAL (Zona Autónoma Liberada)

Fronte á miseria obrigada polo estado e os gobernos arxentinos, as vilas sobreviven rebuscándose a vida, cos seus códigos implícitos de apoio mutuo que se traducen en espazos culturais e sociais autoxestionados como a ZAL, un terreo liberado entre as cuadras do barrio Altos de San Lorenzo da cidade da Prata (Arxentina). Onde crear e recrear, un terreo por explorar e experimentar, en definitiva, unha zona que subsiste autoxestionadamente e asembleariamente.

18:00h: Descanso

18:15h: Conferencia: A cidade fronte ao control urbano
Poñente: Ergosfera – Partidarios da cidade (A Coruña)

A representación política institucional parte dun consenso non explícito entorno á necesidade ou desexabilidade do control total sobre cada metro cadrado do territorio. A charla consistirá nun percorrido por algúns dos estudos realizados nos últimos anos sobre como as ferramentas urbanísticas e de “seguridade cidadá” afondan nesa idea de control á conta dos procesos urbanos considerados prescindibles ou directamente inimigos da normalidade ou da rendibilidade.

19:30h – Peche da xornada.

Programación Sábado 1 de decembro

11:00h: Recepción de asistentes e presentación da xornada

11:15h: Conferencia: Novos dispositivos de vixianza para a represión
Poñente: Fran Pérez (corresponsal en Galiza de KaosEnLaRed)

O desenvolvemento tecnolóxico ao servizo dos poderes fácticos permite deseñar dispositivos de vixianza cada vez máis capacitados para aplicar políticas de represión e previr que a sociedade exerza un contrapoder efectivo. Aportarase unha visión xeral sobre os sistemas de control social que están comezando a aplicarse dentro e fóra do Estado español.

12:15h: Documental: El peso de la manta
Otoxo Productions

Sinopse: Nas rúas de Barcelona os inmigrantes máis visibles pero invisibles de tod@s loitan por sobrevivir a través da venda ilegal na rúa. Vítimas do racismo implacable, perseguidas pola policía e silencios@s e silenciad@s durante moitos anos, finalmente atoparon unha voz e crearon un sindicato. Duración 35 minutos. Ver trailer: https://vimeo.com/164586138

12:50h: Descanso

13:15h: Conferencia: O paradigma inmigrante e a revolución transfeminista
Laura Bugalho (activista)

Todas somos inmigrantes. Somos inmigrantes no Patriarcado, no Capitalismo, no Colonialismo e en tantos outros sistemas que nos oprimen. O Transfeminismo con alicerces nas xenealoxías feministas implica a suma de todas as loitas antes parcializadas.

14:30h: Xantar vegano no Vagalume C.S.-C.A (Rúa das Nóreas, 5)

17:00h: Conferencia: Recuperemos o espazo público. Experiencias de traballo contra a ordenanza cívica
Andrés Barrio (Logroño Cívico)

Farase un repaso da evolución da Ordenanza Cívica do Concello de Logroño desde a súa aprobación en 2010 ata a súa modificación neste 2018, así como da oposición social que esta recibiu. Esta actividade non se encadra só nunha oposición á Ordenanza, senón en diferentes actuación para facilitar e reducir as esixencias para o uso do dominio público e a modificación das ordenanzas do uso deste.

18:00h: Descanso

18:15h: Mesa redonda: Cultura, deporte e arte urbán

O modelo urbano contemporáneo é o berce no que aniñan subculturas vencelladas á cidade, propiciando a aparición de prácticas sociais e modos de vida que se están a ver delimitados e reprimidos pola privatización do espazo público.

Participan:
Saúl (skater)

Falará en primeira persoa da necesidade dun skatepark novo en Lugo, da participación das propias persoas que practican esta disciplina na súa construción e como as “ordenanzas mordazas” atacan o uso do skate nas rúas.

Kali A.K.A. La Negra (rap)

O Hip-Hop é cultura. Centrada máis no elemento do rap, considera que o “rap de calle ou de barrio” debe ser un medio de difusión das vidas precarias, con conciencia anticapitalista e sentido de clase.

Pablo (parkour)

Reivindicación do parkour no espazo urbano como un deporte e unha forma de expresión urbana.

19:30h: Peche da xornadas

21:00h: Pechamos as xornadas polo alto, con tres concertos de músic@s da nosa cidade. Serán de balde e terán lugar no Vagalume C.S.-C.A (Rúa das Nóreas, 5).

– Kali A.K.A. La Negra e Volk GZ. Rap incisivo e de temática social. O escenario como plataforma de combate.

– Filophóbicas. Grupo de rock social galego. Ao vocalista deste grupo lucense debémoslle o noso “himno oficial”.