Expertos galegos e de ámbito nacional en adiccións vinculadas coas novas tecnoloxías e o seu mal uso e abuso por parte da mocidade falarán deste tema nun ciclo de xornadas titulado ‘Adiccións sen substancia’, abertas a todo o público, organizada polo Concello de Lugo no marco do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias.

Dirixida especialmente ao público xuvenil, profesionais e familias, desde a concellería de Xuventude, que impulsa este plan, anímase a participación de toda a veciñanza preocupada por este tema, xa que “a adicción ás novas tecnoloxías non só é un problema cada vez maior entre a mocidade, senón que afecta a todas as idades”, alerta o edil Mauricio Repetto.

O ciclo incluirá catro conferencias nas que profesionais de diferentes campos falarán de prevención, sensibilización e investigación sobre a educación no mundo dixital e as relacións coas novas tecnoloxías. O obxectivo, apunta o concelleiro, é “sensibilizar da existencia das adiccións de comportamento e informar dos recursos existentes para o seu tratamento e recuperación”.

A primeira xornada celebrarase o día 5 de maio no Círculo de Bellas Artes, ás 18.00 horas, e actuarán como relatores Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social, e Alexandre García Caballero, doutor en Mediciña Psiquiatra do Complexo Hospitalario de Ourense.

Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’:

5 de maio (18.00h): ‘Claves para educar no presente Dixital’ (Círculo das Artes).

Relator: Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e Profesor da USC. Experto en adiccións.

Relator: Alexandre García Caballerodoutor en Mediciña Psiquiatra do Complexo Hospitalario de Ourense, especializado na saúde emocional adolescente. Promotor do Proxecto #innovasaúde.

12 de maio (16.30h): ‘A relación das novas Tecnoloxías coa adolescencia contemporánea’ (IES. Lucus Augusti)

Relator: Belén Montesa Lou, licenciada en Psicóloga Xeral Sanitaria. Experta en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid

18 de maio (16.00h): ‘Isto non é un Xogo: adiccións comportamentais’ (CPR. Galén)

Relator: Iván Pico Martínez, psicólogo social, educativo e deportivo. Especialista en prevención de adiccións no ámbito educativo.

26 de maio (18.00h): ‘Claves para educar no presente dixital’ (Círculo das Artes)

Ponente: Jorge Gutiérrez Berlinches, xornalista, profesor do Máster de Educación Emocional da UNIR e escritor. Autor de La trampa del Sexo Digital.