Setembro 2019 O veñimos dicindo edición tras edición, o Festival Cartografía en Movemento é das mellores citas culturais de Lugo e ven de recibir unha boa noticia: o apoio de Cultura do Concello para así aumentar a súa programación ofrecendo máis datas e contidos de calidade suprema:
O xoves 26 terá lugar a presentación do libro Fulgor, da editorial lucense Ámboa, recentemente posta en marcha e da que neste artigos vos dimos boa conta
O venres 27, a bailarina lucense Esther Latorre, presentará a peza MAPA, gañadora do Certame Internacional de Coreografía Burgos-Nova Iork na categoría de espectáculos de rúa. Por outra banda, a actriz e bailarina galega Ánxela Blanco presentará Voos, peza creada no marco da Residencia Paraíso do 2018 (Pza de Santa María). Ademáis a bailarina Kirenia C. Martínez Acosta fará unha intervención na Porta de Santiago.
O sábado 28 haberá mostras durante todo o día e en distintos puntos da cidade, constelacións artísticas a seguir e non perder.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte