Decembro 2019 Ponte da Constitución e Lugo coa oferta cultural a tope (Desencontro Inimigo, o concerto da obra mestra «Winterreise», teatro no Auditorio…) á que se suma esa cita trimestral imperdible no Clavi: os Microefectos Dramatúrxicos e as súas 4 pezas teatrais revitalizantes en pases de 20:30 e 22:30 o xoves 05 e venres 06

As pezas a estrear nesta ocasión son:

«Cumbre devastación» – Pepe Saavedra- Sobre qué se falará neste encontro climático? Sobre o cambio climático ou sobre o climático cambio? Chegará a tempo Greta Thunberg para facer un cameo?

«É un longo camiño a Belesende», de Brais García. María Grandío, Elvira Velasco e Isa Herrero poñerán sobre a mesa o compromiso social así como a ironía demoledora características do seu autor.

«Cada dúas horas e media», escrita e dirixida por Conchi Madrina. Raquel López Cendán, Brais García e Anxo Manoel poñerán corpo e voz a unha das propostas máis arriscadas da historia de Microefectos.

«El candidapto», escrita e dirixida por Brian Rodríguez. Unha tolemia de peza na que tamén participarán María Grandío e Anxo Manoel. Unha obra que vos deixará imaxes na cabeza que, talvez, desexaríades non ter visto.