domingo, 21 de octubre, 2018

Viva o San Froilán

Fotografía documental e ilustración para crear un arquivo dixital con valor histórico das nosas festas. Un proxecto promovido por Viva Lugo que conta co apoio e financiación do Concello de Lugo, para que así, a través das Festas do San Froilán dar visiblidade aos artistas lucenses e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. San Froilán do 4 ao 12 de outubro 2018 en Lugo. Festa de interese turístico galego e festa de interese turístico nacional.