O cartel desta edición é unha imaxe do Gran Teatro de Lugo que acolleu as 15 primeiras edicións. Foto: Eduardo Rodríguez Ochoa. Deseño de Lucia Yáñez Anllo.

- Organizada por Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, se proxectarán máis de 165 cintas de países de todo o mundo, dende o 10 ata o 15, e dende o 17 ao 21 de setembro en Lugo. - A programación inclúe 13 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer...Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de cine. Ademais da homenaxe a Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México - Como novidade este ano ampliouse a programación con novas seccións como, Grandes historias, encontros de cine e con máis proxeccións de cinema galego

deputacion-presentacion-semana-cine-lugo
Presentación da SICA 2018 - Fonte: Gab. Com. Deputación de Lugo

SETEMBRO 2018 Nesta 40ª edición da Semana Internacional de cine de autor de Lugo participaran un total de 165 cintas de diferentes países que foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas, curtas e documentais de todo o mundo. Repartiránse en 13 ciclos: 13 ciclos (infantil, o mellor do ano, oficial, cárceres, grandes historias, galego, curtas …) a proxectar en 7 sedes da cidade:  Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas e as cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo, dependendo do ciclo.

Ademáis, para celebrar este 40 aniversario o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá editará dúas novas publicacións: un volume que leva por titulo “40 semanas de cine en Lugo”, a cargo de Xulio Xiz e Manuel Curiel, no que repasará a historia de cada unhas edicións deste certame; e presentarase outra obra que homenaxeará a actriz lucense Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México coa publicación dunha biografía da súa prolífica traxectoria artística.

En Viva Lugo compartiremos máis info sobre cada ciclo e as súas películas, de momento vos deixamos coa programación da 40 SICA de forma esquemática… un F E S T I V A L A Z O: 

natos-waor-lugo
COMPRAR ENTRADAS

Publicidad: festival NOVAFEST, los number 1 del rap nacional en Lugo

PROGRAMACIÓN DA 40 SEMANA DE CINE DE LUGO

Ciclo Grandes Historias

Todas as proxeccións terán lugar na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas e de balde

– O 10 de setembro: La opera rock. Jesucristo Superestar/ Wake up!

– O 11 de setembro: Wiña y Pacha.

– O 12 de setembro: Same/ La huerta de la esquina

– O 13 de setembro: Lado B.

– O 14 de setembro: Amparo 54/ Silencio

Cine Galego

Salón de Actos da Deputación. Na primeira quenda ás 18:00 horas, e na segunda ás 20:00 horas. De balde.

– O 10 de setembro: Arteiros. Valentina. Peixes e Thanatos// O tempo na lurparia. Marxes. Lonxe. Exhalación. Eos.

– O 11 de setembro: Nove de decembro. Felicidad. Avelino//Paraíso roubado. Bagoas negras. María.

– O 12 de setembro: The rebel. Bagoas de ouro// Madre e Maestra. O cartel. Fin do pasado recente. Xente da raia.

– O 13 de setembro: Néboa. Atenas. Pera// A viaxe de Ruthr. Amanece despejado. Mbook. Escabarana.

– O 14 de setembro: Fóra. Despues de la bandera. Miñoca// Vértice de versos. La cueva. La mujer invisible.

– O 15 de setembro: Rapas das Bestas// Encallados.

Encontros de cine:

Realizaránse no Vicerreitorado da USC, ás 19:30 horas. Gratuito. 

– O 10 de setembro: Eugenio.

– O 11 de setembro: Cortos infinitos.

– O 12 de setembro: El precio de la risa. Los dos cines. La pantalla en la calle.

– O 13 de setembro: El cine que nos hizo libre. Huellas de luz.

Ciclo infantil

Gustavo Freire ás 18:00 horas.

– O 17 de setembro: Beyon, Beyond

– O 18 de setembro: El americano

– O 19 de setembro: La panda de la selva

– O 20 de setembro: Cuervito calcetín. 

– O 21 de setembro: El reino de las ranas.

Clica nas imaxes e as verás máis grandes: 

O mellor do ano

Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

– O 17 de setembro: En cuerpo y alma.

– O 18 de setembro: Tierra de Dios.

– O 19 de setembro: Una mujer fantástica.

– O 20 de setembro: La casa junto al mar.

– O 21 de setembro: Yo no soy Madame Bovary.

Sección Oficial

Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.

– O 17 de setembro: Tódalas mulleres que coñezo.

– O 18 de setembro: El insulto.

– O 19 de setembro: Princesita.

– O 20 de setembro: El viaje de sus vidas.

– O 21 de setembro: Bajo la piel del lobo.

É para comer…Lugo

Biblioteca Municipal ás 19:00 horas.

– O 17 de setembro: Glitch. Snitch. Vuelta y vuelta. Noche de paz. Bombon helado. Despertar. Tribu. Sorpresa.

– O 18 de setembro: Croquetas. Quarume. Por conta da casa. Lo supero. Antes de irme. Marta no viene a cenar. Pigmalion.

– O 19 de setembro: París puede esperar.

Arte de Cine

Museo Provincial ás 19:00 horas.

– O 17 de setembro: You are mythical.

– O 18 de setembro: Thadat Myam. La photographe. Unforguettable J#14. El concepto de la ironía. Le prochain.

– O 19 de setembro: Socatoba. Noghteh Va Shir. Concerto em F. The neverending wall.

– O 20 de setembro: Robar a Rodin. El señor iluminatti.


– O 21 de setembro: Loving Vincent.

Memoria histórica

Vello Cárcere ás 19:30 horas.

– O 19 de setembro: Así que pasen cien años.

– O 20 de setembro: Pero que todos sepan que no he muerto.

– O 21 de setembro: Historia Antigua. Palabras cruzadas.

van-gogh-lugo
Especiais

Será no Salón de Actos da Deputación ás 19:30 horas.

– O 17 de setembro sobre Dereitos Humanos: Leo a la vida. Pareja.

– O 18 de setembro será sobre Discapacidade: Malas hierbas. El trayecto. Un equipo. Aquí es posible. En el nombre del padre.

– O 19 de setembro a protagonista é Amnistía Internacional: La primera camboyana.

– O 20 de setembro despedida co filme Dhogs.

Despois das proxeccións no Salón de Actos da Deputación, encontros cos cineastas Jaime Camborda, Alfonzo Zarauza e Alberte Blanco.

Cine nostálxico

Biblioteca Municipal ás 19:00 horas.

– O 20 de setembro: Sabanda. Amor residente.

– 0 21 de setembro: Luces y sueños.

Curtas de cine

Vicerreitorado ás 19.30 horas, dende os días 17 ata o 21 de setembro, e emitiranse as curtas mais premiadas.

Homenaxe a Rosario Durcal (Lugo, 1927- México, 1993); esta charla terá lugar no Salón de Actos da Deputacióno día 21 de setembro, a partir das 19:30 horas, coa emisión de Las Leandras, cinta da que foi protagonista. Nesto acto presentarase o libro escrito por Manuel Curiel sobre Rosario, e estará presente o fillo da artista. A lucense desenvolveu toda a súa carreira profesional como actriz de cinema en México.

Outros datos de interés

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos presentou a 40ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, xunto á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; a Vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcarcel Armesto, ao Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil, o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel Fernández, así como representante de Vicepresidencia na Provincia, Ramón Carballo.

O Goberno Provincial é o principal patrocinador desta cita cinematográfica, pois colabora cunha achega económica de 35.000 euros, e a través da TIC, que elaborou un vídeo promocional para difundir o festival por toda a provincia. O Concello de Lugo contribúe cunha achega de 18.000 euros.