Foto: Pepe Saavedra

Os pases terán lugar este xoves 6 e venres 7 de setembro nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas

SETEMBRO 2018 Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves 07 e venres 08 en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.  Desta volta as pezas son:

microefectos-dramaturxicos-lugo-teatro
Foto: Pepe Saavedra

E. Múltiple

Escribe e dirixe Conchi Madrina. Interpretan: Conchi Madrina, María Grandío e María Villar.

Bosnia é nome de muller

Escribe Rubén Pérez. Dirixe: Microefectos Dramatúrxicos. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero, Brian Rodríguez e Conchi Madrina.

Odisea 3

Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez e María Grandío.

ITV (In) necesarios Tormentos da Vida

Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Conchi Madrina