Lugo Apocalíptico é unha defensa do patrimonio, do seu coidado e do respecto ao mesmo. Aberta ao público ata o 16 de decembro.

lugo apocalíptico

Setembro 2019 A expo «Lugo Apocalíptico» destaca polo impactante das súas imaxes cheas de detalles que sitúan a Lugo nunha situación extrema para facerons reflexionar sobre a riqueza do noso patrimonio e importancia do seu cuidado. O autor, Jesús Crende, mostra unha destreza técnica na edición fotográfica que roza o virtuosismo e pon esa pericia ao servizo da imaxinación para levar máis alá monumentos e lugares representativos de Lugo e así identificarnos plenamente coa potente mensaxe da súa obra.

«Lugo Apocalíptico» é unha distopía e como tal pon a mirada no futuro advertíndonos do presente e da deriva do mesmo. Lugo apocalíptico é un exercicio de virtuosismo “que xogando co noso patrimonio máis cercano consegue chamar a nosa atención, engaiolar a nosa mirada e a nosa imaxinación e facernos reflexionar”, indicou Maite Ferreiro.

Segundo Jesús Crende, “E unha exposición chea de pequenos detalles polo que é recomendable ver cada imaxe parándose nos moitos puntos da mesma xa que están cheas de motivos brillantemente debuxados e ideados.” Jesús Crende, facendo mostra dunha gran destreza técnica, non se queda só na riqueza visual, senón que a pon ao servizo da imaxinación e así as súas obras van máis alá.

Lugo Apocalíptico é unha defensa do patrimonio, do seu coidado e do respecto ao mesmo. É unha distopía que nos mostra un futuro indesexable que estamos a tempo de mudar. Do mesmo xeito que Huxley ou Orwell nos advertían dos perigos do futuro, Jesús Crende tamén nos está avisando de cómo pode evolucionar o mundo se non facemos algo para evitalo e faino dun xeito intelixente, poñendo o foco, no máis cercano, onde máis doe, en todo aquelo que coñecemos e amamos.

Fotos de Iván Mouronte