Decembro 2019 Tal e como informamos uns días atrás, xa está en Lugo a expo «Picasso, a viaxe do Guernica» que con motivo do 80 aniversario da creación desta obra mestra, organizan ”La Caixa” e o Museo Reina Sofía;  unha exposición de 200 metros cadrados que profunda na historia de Guernica a partir das súas viaxes e usos desde os seus inicios. A expo estará ata o 15/01 do 2020 na Pza Horta do Seminario (Avda. Ramón Ferreiro) cos seguintes horarios:

De luns a domingo, de 12.30 a 14 h e de 17 a 21 h

Visitas grupos escolares e outros colectivos:
De luns a venres, de 9.30 a 13.30 h e de 15 a 17 h
Previa cita ao teléfono 900 801137

Horario de Nadal:
Días laborais non lectivos: de 10.30 a 14 h e de 16.30 a 21 h
Sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 e de 17 a 21 h
Días 24 e 31: de 11 a 14 h
Días 31 e 1: pechado

Visitas comentadas:
De luns a domingo, ás 12 e 19 h

Servicio información Obra Social “la Caixa”: 900 22 30 40
info@fundacionlacaixa.org

Entrada gratuita

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua na inauguración da exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica”, xunto con Susan Santos, Delegada de CaixaBank na Galiza, Igor de las Heras, director de área de Negocio de Lugo e Manuela Padrón, da fundación bancaria “La Caixa”.

Picasso. A viaxe do Guernica propón un percorrido histórico da obra de Picasso desde a súa creación en París en 1937 até o seu emprazamento permanente no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, en 1992. Os visitantes poderán descubrir o proceso creativo que levou a cabo o soado artista español para realizar a súa obra, así como o seu significado de denuncia antibélica e os motivos polos que a obra viaxou por todo o mundo durante máis de corenta anos.

A exposición divídese en cinco ámbitos que repasan o percorrido da obra nas súas distintas fases, así como momentos importantes na vida de Picasso que foron determinantes na creación do cadro:

«1. EL TERROR Y EL DOLOR, REACTIVOS PARA PICASSO

EL ARTISTA, EL TALLER, EL ENCARGO

EL TESTIMONIO DE DORA MAAR

LA REPÚBLICA ESPAÑOLA EN LA EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DE PARÍS

2. RECLAMO PROPAGANDÍSTICO INTERNACIONAL

3. MÁS DE CUARENTA AÑOS EN EL MoMA (1939-1981)

GIRAS EN ESTADOS UNIDOS

INTERPRETACIONES DEL CUADRO

EL GUERNICA VUELVE A EUROPA Y VIAJA A SÃO PAULO

4. NEGOCIACIONES PARA EL RETORNO DEL «ÚLTIMO EXILIADO»

EL GUERNICA EN EL CASÓN DEL BUEN RETIRO, MADRID (1981-1992)

MUSEO REINA SOFÍA: EL GUERNICA «RE-HISTORIZADO»

5. ICONO DE PROTESTA UNIVERSAL»

La Caixa produciu varias pezas audiovisuais que axudan a entender a historia do Guernica e a súa influencia. Destacan a obra audiovisual do artista Rogelio López Conca e outros dous audiovisuais de nova produción, achega do contexto histórico do Guernica, as características técnicas da obra e os danos que causaron os desprazamentos do cadro e as súas restauracións.