Decembro 2019 Os colectivos Mesa Pola Normalización Lingüística, A Volta do Agro, Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, Cántigas e Frores, Madia Leva!, O Xeito, Semente Lugo, Tradescola e Troupelear coa colaboración da concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organizan este sábado 21/12 a benvida ao Apalpador na Pza Maior (Vello Cárcere se chove)

As actividades comezarán ás 16 horas, con tres ruadas musicais que, partindo simultaneamente de Ramón Ferreiro, San Roque e da Porta de San Fernando, rematarán na praza Maior, dando paso ás 16:30 ao obradoiro “Descubre a fauna do Courel”. A xornada continuará ás 17 horas co conto “Os camiños do Apalpador”, que rematará ás 17:30 coa chegada do Apalpador. Ás 18:15 e ás 19 horas, dous novos obradoiros, “Troupelear e Cantos de Nadal”, e “Danza das fitas” continuarán a animar a tarde, que rematará, a partir das 19:30, cunha foliada final a cargo da Volta do Agro, Cántigas e Frores e a Tradescola.

“O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra” indicou Maite Ferreiro durante a presentación, e engadiu “este ano decidimos colaborar con estes colectivos, que levan moito tempo facendo esta benvida e demostraron xa que é unha cita importante do Nadal en Lugo”.

Foto: Gab. Comunicación Cultura Concello