MAR 2018 A nova mostra do Vello Cárcere está centrada na obra escultórica do artista multidisciplinar vasco Álvaro Ledesma.

Nas celas de homes pode contemplarse a colección Marionnettes, formada por obras cun aire marcadamente teatral, con personaxes fantásticas e imposibles, creadas a partir de materiais reciclados, ferro, ferramentas ou trapos vellos; e nas celas de mulleres o espectador atopará unha completa Retrospectiva da traxectoria e evolución de Ledesma como escultor, quen, ademais de calidade, nas súas obras sempre presenta unha dualidade, dous elementos protagonistas, pero non complementarios ou en pé de igualdade.

A mostra foi inaugurada pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao propio autor.

LEDESMA_VELLOCARCERE_VIVALUGO_
LEDESMA_VELLOCARCERE_VIVALUGO_

Álvaro Ledesma (Errentería, 1975) é un artista multidisciplinar que traballou en campos tan diversos como a escultura, pintura, escenografía, literatura, vídeo, instalación e fotografía. Ademais, participou en multitude de proyectos como músico en espectáculos de teatro, recitais de poesía ou festivais de vídeo-arte.

A mostra Ledesma Obra Escultórica permanecerá aberta ao público no Vello Cárcere ata o día 1 de xullo, en horario de 11:00 a 14:00 horas os luns; de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas, os martes e mércores; de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:30 horas, os xoves, venres e sábados; e de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas, os domingos.

LEDESMA_VELLOCARCERE_VIVALUGO_