«Poesía para ver. Pintura para ler.» Falamos con Baldo Ramos sobre a súa expo en Iskoo

As festas de San Froilán están cheas de arte, moito arte. Son perfectas para disfrutar dos concertos modernos e os bailes tradicionais, da música popular e da alternativa, da cultura tradicional e da contemporánea … de visitar as galería de arte da nosa cidade que ofertan coas súas exposicións momentos curadores nestes tempos convulsos, ademáis de poder descubrir obras que chegan e enchen o corazón.
Nestas datas aproveita para visitar Iskoö Espacio (Rúa Cidade de Vigo, 11. Entreplanta, Lugo) e ver a exposición «Os silencios do calígrafo» do artista de Celanova Baldo Ramos . Nos pasamos facer unas fotos da mesma e lle fixemos unha entrevista.  Pasen e vean: 

De fondo para facer as túas obras: ¿Música serena para facer eses libros que mesturan poesía e caligrafía? ¿Silencio de fondo?

Depende do momento, pero case sempre traballo con música, si, e non sempre con música clásica. Neses trazos ás veces hai una violencia contida na que subxace uhna música menos serena.

Á obra final chegas tras varios bocetos, varios trazos diferentes… ou é única tamén na súa elaboración: os trazos á primeira, a obra terminada.

A gran maioría das miñas obras son de execución espontánea e azarosa. Pero detrás dese azar hai moitas experiencias puxando por saír, estados de ánimo, xestualidades coa súa motivación aparentemente inconsciente.

Imaxino que esa espontaneidade tamén se traballa, pero non dun xeito consciente e convencional, premeditando a obra, senón dunha maneira sutil e tácita, tensando as nosas vivencias no papel.

¿Veremos algunha vez outras cores nas túas obras ou xa son “marca” Baldo Ramos eses negros e vermellos? ¿Outra tipografía?

Non sempre pinto nesas cores, aínda que o negro e o vermello resúltanme tintas moi poderosas que lle acaen ben á miña vontade por simplificar a execución das obras. Dicir o máximo co mínimo, evitando a distracción do que observa.

Imaxino que algunha razón similar a esta haberá no feito de que os calígrafos orientais tamén empreguen sempre estas dúas cores nos seus traballos.

A chispa, o momento, a ¿epifanía?… que te levou a levar o papel , o libro, ás paredes

A súa plasticidade. Eu facía os meus propios libros, en formatos pequenos, alá polos anos 90, e nun momento determinado comprendín que eses libros non só tiñan interese para ser lidos, senón tamén para ser vistos. De tal maneira que decidín penduralos como se foran obras plásticas. A literatura levada as paredes tamén pode funcionar visualmente. Isto xa o sabían os clásicos: ut pictura poesis.

Impacta ler na galipedia: “É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.” ¿nin ti tes copia do orixinal? Os que vendes vanse … e só quedan na túa memoria?

Ese é un dos atractivos deste xogo que para min é a creación poética. Como ti dis, cada un deses exemplares únicos pérdoos de vista para que pasen a ser só libros de quen os ten. Sería imposible lembrar o que contén cada un. E moitas veces nin gardo rexistro fotográfico deles. É un xeito de entender a relación entre creador e receptor. Un símbolo dese “darse” do que tanto se fala cando se comparte o traballo creativo. E un xeito de personalizar cada libro, de facer que cada libro teña o seu propio destinatario.

 
O libro único e artesán fronte ao libro multiplataforma e dixital desta era das tecnoloxías e internet. ¿Como vives esta revolución no eido do consumo cultural?

Con naturalidade. Eu penso que o libro en papel sempre vai existir, pero seguramente como libro máis artesanal, en edicións coidadas, para lectores que entenden a lectura como una experiencia que vai máis alá da simple comprensión dun texto.

Os que traballamos o libro de artista cada vez estaremos máis lonxe dos formatos dixitais, e eu aínda estarei máis convencido de que non foi mala idea pendurar por primeira vez, alá polo ano 1997, os meus libros na desaparecida librería María Balteira de Santiago de Compostela.

¿Que podemos atopar na expo de Iskoo? ¿Que mostras en Lugo?

A Isköo levo obras en papel que teñen en común a miña experimentación nos últimos tres anos no ámbito da caligrafía: libros de artista, cartas náuticas intervidas con tinta e arame e collages creados con documentos do século XVII. Poesía para ver. Pintura para ler.

Clica nas fotos … as verás máis grandes.

Comparte comparte comparte … move a cultura

Licencia Creative Commons: reconocimiento- non comercial- sen obras derivadas
Artículo: Marcos López Fotos: Marcos LoopezComparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte

TAMÉN EN VIVA LUGO: