Vida, obra e milagres da artista lucense Carmen PG Granxeiro

XAN 2018 Decíamos sobre Carmen PG Granxeiro no artigo da presentación so seu último documental, que era (e é) unha artista militante na “resitencia pacífica” xa que utiliza calqueira medio de expresión artística (audiovisual, fotografía, contos, deseño …) como ferramenta de acción para cambiar o mundo. E iso que decíamos o vemos perfecto de intro sobre esta artista lucense. Só engadir os cancelos no seu twitter para dar máis pistas sobre a súa persoa:  #Arte #Feminismo #Cultura #Eco #lgtbi #queer … ós que lles falta un término que a ela encántalle: #CreAcción.

Está de re-estrea da súa web, na que podes atopar as súas ilustracións, deseños gráficos, fotos, obras audiovisuais … mercar obras e facer encargos. Aproveitamos esta re-volta á rede para darlle unha reviravolta a Carmen cos nosos tests:

VIDA

Como trainspotting…en plan destroyer:

Elixe un emprego: moitos, calquera creativo. Na diversidade está o gusto.

Elixe unha carreira: ser feliz sen pagar créditos, taxas ou másteres do universo.

Elixe unha familia: a de Alison Bechdel, para ler na cama. A miña para min.

Exlixe un final feliz: O meu, cando sexa.

Elixe un televisor grande que te cagas: Paso, quédome co meu proxector.

Elixe ós teus amigos: Sempre, mellor poucos que malos, para o bo e o malo.

Elixe ropa deportiva: o bañador… ou o pixama (aínda que noutra vida xoguei ao baloncesto)

Elixe Bico de Grao ou cadea supermercados: Pra cadeas as das bicis… e aínda que a miña muller non fose unha das cooperativistas de Bico, quedaríame igual con eses Graos que fan montañas.

Elixe o bricolaxe: Imprescindible para a autosuficiencia (e para a sustentabilidade. Morte á obsolescencia programada!)

Elixe revolucionar ou ser revolucionada: Non existe o un sen o outro.

Elixe sentarte no sofá a ver concursos na tele: non hai antena de TV na miña casa.

Elixe unha lámpara de Vladimir Alvaroff: a que mercamos para o cumpre do meu cuñado, en El Duendecillo tíñaa Laura. Se ma foras regalar diríache que calquera, gústame a luz cálida puntual no fogar, xa sabes 😉

Fotos de Carmen PG Granxeiro

Elixe unha ilustración de Iván Mouronte: quédome co seu autorretrato porque todo Iván paga a pena, persoal e profesionalmente.

Xa postos Carmen, algunhas preguntas curtas:

Comes moito? SI

Durmes pouco? NON

Asubias paseando? ÁS VECES

Café, té, manzanilla, tila? SI, (menos á manzanilla)

Unha copa? De? NON (fai anos que me senta mal o alcohol, eu só o que cultivo)

Algo para picar: SI

Aperta, dous bicos, dar a mán ou sorisa mantendo a distancia? DEPENDE A QUEN

Na túa lista musical non pode faltar: As licenzas Creative Commons, musican os meus vídeos…

OBRA

Por primeira vez variamos esta parte de esta serie de artigos “Vida, obra e milagres de…”. Normalmente aquí irían 7-10 obras do autor ou autora …pero, xa que está de estrea de web,  … a qué esperas? entra na web de Carmen PG Granxeiro… anda por todo o menú e descubre a prolífica e persoal obra de Carmen

MILAGRES

Milagres¿?… Ela é o milagre ou a milagreira!!!… Unha artista autodidacta que nada nin ninguén é capaz de parar, que a atopas alí onde as minorías ou inxusticias, que anda sempre a argallar en prol do ben común … Ela que di, ela que berra: Art is our weapon

TAMÉN EN VIVA LUGO:

Art is our weapon” Carmen PG Granxeiro ou como facer arte en prol do ben común

Vida, obra e milagres de máis artistas lucenses