Decembro 2019 O XIX aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio de Humanidade celebrouse con diversas actividades: unha mesa redonda que levou por título  “Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira; unha conferencia de Adolfo de Abel Vilela “O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento”, a expo de Luz Darriba “Amurallando os soños II Cumulum 2000-2019”,  sobre a acción realizada pola artista no ano 2000 xunto cos concertos da Banda Filharmónica Infantil e “Que o Camiño nos leve a atoparnos” de Solo Voces foron a forma de rendirlle homenaxe á muralla e a todos e todas as lucenses que fixeron posible tal fito histórico. 

Actividades promovidas por: área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua