Decembro 2019 Este xoves 05/12 procederase ao acendido das luces de Nadal pola atleta luense Adiaratou Iglesias a partir das 20:00 na Pza Maior. Pero antes ás 18:30, haberá un obradoiro de globoflexia para toda a familia e ás 19:00 un concerto de jazz con temática de Nadal.

A iluminación de nadal de Lugo consta de 208 arcos e 81 elementos luminosos por toda a cidade, ademáis da decoración da Praza Maior, que consta dunha árbore de 20 metros de altura e un conxunto de 20 metros de longo. En total, segundo informou Maite Ferreiro -Concelleira de Cultura, Turismo- máis de 600.000 led “cunha inversión de 120.000€, reducindo o gasto dos pasados anos”.

“A iluminación de Nadal utilizará tecnoloxías eficientes, como LED ou fibra óptica, para reducir o consumo enerxético e acoutar a contaminación lumínica”, indicou Maite Ferreiro, que explicou que se colocará ademais unha iluminación “cunha temática especial polo Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade”.