Gañadores do XIX Certame de Pintura Rápida de Lugo

Gañadores do XIX Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo: Raúl Gil Burés, Salvador Ribes Villalba e Richard García Rodríguez. A lucense Gema López, mellor artista local

Xullo 2019 As rúas do centro de Lugo viviron un domingo cheo de arte grazas aos numerosos pintores que participaron no XIX Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre.

Chegados de distintos puntos da xeografía española (Castro de Rei, Ferrol, Rianxo, Noia, Vigo, Pontevedra, Cambados, Granada, Boadilla del Monte, Móstoles, Avilés, León, Burgos ou Lleida, por exemplo). se repartiron polas rúas do centro – dentro do recinto amurallado – para disfrute de paseantes que podían ver como «medraban» os cadros según pasaban as horas.

O xurado, composto por Alejandra Iglesias Suárez, de “Mi madre no me deja”, Xoán Manuel Guerreiro Vázquez (Guerreiro), pintor e Juan José López Martínez (Lomarti), escultor, decidiron outorgar premio aos seguintes participantes:

1º Premio (1.600 euros e diploma) a Raúl Gil Burés (Rianxo, A Coruña)

2º Premio (1.100 euros e diploma) a Salvador Ribes Villalba (Guadassuar, Valencia)

3º Premio (900 euros e diploma) a Richard García Rodríguez (Móstoles, Madrid)

E cinco accésits de 300 euros e diploma:

1 a José Luis Gacría Miranda (Vigo)

2 a José María Sande Gutiérrrez (Granada)

3 a Abraham Pinto Mendoza (Utrera, Sevilla)

4 a Andrés Gabarra Cagiao (Ferrol)

5 a Joan Carles Pérez Sullá (Torrefarrera, Lleida)

Premio especial de 450 euros e diploma ao artista local:

A Gema López González

Certame promovido por: Cultura e Turismo de Lugo

Foto: Gab. Comunicación Concello