Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Coloquio “Begoña Caamaño: Ler o mundo, escribir historias”

16 de marzo - 19:30
O Club Cultural Valle-Inclán rende homenaxe a Begoña Caamaño á que a Real Academia Galega lle dedica as Letras Galegas 2026.
Para celebralo organiza un coloquio baixo o título “Begoña Caamaño: Ler o mundo, escribir historias” no que participarán Mª Xesús Nogueira, ensaísta e profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e Malores Villanueva, doutora en Filoloxía galega e profesora.
Terá lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial, o luns, 16 de marzo, ás 19:30 horas.
Os asistentes recibirán o agasallo dun marcador de libros como recordo e honra a Begoña.

Detalles

  • Fecha: 16 de marzo
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local