Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do libro «Soño de liberdade»

21 de marzo - 12:00
Presentación do libro «Soño de liberdade» a última obra da escritora e divulgadora Marisa Castro.
Sábado, 21 de marzo, ás 12:00 h. Libraría Trama (Lugo).
No acto, a autora contará coa participación da profesora Ana Arias, quen axudará a debullar os detalles dunha historia que pon o foco na transición social de Galicia a
través dos ollos dunha muller.
Tras o notable éxito acadado en 2022 con A saga das curandeiras —obra que conta xa con
varias reimpresións—, Castro regresa á ficción coa súa segunda novela.
Publicada simultaneamente en galego e castelán pola editorial coruñesa Hércules de Ediciones, a obra narra a traxectoria vital de Sabela Couto Roriz, unha muller ficticia nada no rural galego en 1949.
Dende a organización convídase a toda a cidadanía a asistir a este evento, que promete ser
unha profunda reflexión sobre o papel da muller na historia recente de Galicia.
Unha loita contra o círculo da submisión
A novela propón un percorrido emocional e histórico que arranca na dureza das cartillas de
racionamento da posguerra e culmina coa chegada da democracia.
A través de Sabela, Marisa Castro retrata a batalla de toda unha xeración de mulleres que decidiron romper co destino imposto.
A protagonista logra fuxir do círculo de submisión que amordazou á súa nai e á súa avoa, empregando o estudo e a rebeldía como ferramentas para acadar a independencia, o acceso ao mercado laboral e o dereito a casar por amor.
Radiografía do agro e a cidade
Máis alá da biografía do personaxe, Soño de liberdade funciona como unha crónica social da época.
O lector atopará nas súas páxinas unha panorámica detallada dos labores agrícolas e gandeiros, a férrea autoridade paterna e as complexas diferenzas de clase que marcaban o paso do campo á cidade.
A precariedade e o peso do «que dirán» son os obstáculos que Sabela debe sortear nesa procura constante dunha liberdade que dá título ao libro.
Biografía de Marisa Castro:
Naceu labradora na casa de Segade do Barrio da Ponte (Lugo) en 1955.
Casada e nai adoptante. Licenciada e Doutorada em Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (homologada pola de Porto).
Xubilada como Profesora Titular, que exerceu durante 31 anos na Universidade de Vigo, área de Botánica.
Desde 1978, investigadora en Micoloxía: taxonomía, ecoloxía, catalogación de cogomelos,
aplicacións forestais e agrícolas, etnobotánica e etnomicoloxía (Premio de Investigación Micolóxica Galega (1983).
Publicación de numerosos traballos de investigación, participación en numerosos congresos e descrición de media ducia de especies novas para a ciencia. Premio Bióloga do Ano en Galicia, 2022 e dos Colexios Profesionais en 2023.
Desde 1980, divulgadora científica en portugués, castelán e galego (Premio Lois Peña Novo, 2022 como defensora do galego na ciencia).
Ecoloxista, feminista e novelista (A Saga das Curandeiras, 2022 e Soño de Liberdade, 2025).

Detalles

  • Fecha: 21 de marzo
  • Hora:
    12:00
  • Categoría del Evento:

Local