Outubro 2018 Os ollos do mundo estarán mirando a Lugo no 2019 grazas á designación da Rede Museística de Lugo como sede da Conferencia Mundial MINOM – ICOM para unha nova Museoloxía. O traballo realizado na Rede Museística, desde o punto de vista social, foi o mellor valorado a nivel internacional polo que Lugo recollerá o testigo de Milán (Italia) , La Habana (Cuba) , Amsterdam (Holanda) ou Córdoba (Arxentina) e Nazaré (Brasil) entre as cidades sedes das anteriores conferencias.
Para a súa elección foi vital o traballo que se realiza na Rede facilitando o acceso e coñecemento sobre o patrimonio e a cultura da provincia a todos os lucenses por igual, e desenvolvendo programacións e actividades que rompen barreiras, dirixidas especialmente aos colectivos máis vulnerables
– O premio Integración social 2017, que outorga a Fundación Anade, polos proxectos da Rede Museística en defensa da plena inclusión das persoas (ler artigo)
– O Banco Galego de Boas Prácticas incluíu a labor da Rede Museística da Deputación en Xestión Cultural polo seu plan de inclusión social posto en marcha
– O proxecto Nos+utrxs en Rede recibiu a mención de honra no Premio Iberoamericano de Educación e Museos, polo seu papel en prol da igualdade de xénero
– O proxecto Guerrilla de palabras: o oficio de palabreiro é unha das dúas iniciativas internacionais seleccionadas por Ibermuseos para desenvolver ao longo deste ano
O Movemento Internacional para Unha Nova Museoloxía – MINOM – é unha rama do Consello Internacional de Museos (ICOM) que busca que as institucións museísticas xeren accións patrimoniais nas que se impliquen aos colectivos sociais.
A Rede Museística Provincial de Lugo – Deputación de Lugo – está formada polo Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo-Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor,