Semana da Cultura Portuguesa

A biblioteca da @eoidelugo está colaborando coa asociación Terras Irmãs (www.terrasirmas.eu) para organizar unha SEMANA DA CULTURA PORTUGUESA con motivo do aniversario do 25 de abril
O martes, 28 de abril, 17:00 horas, está programado un encontro por videoconferencia con Domicília Maria Correia, unha muller que viviu na clandestinidade durante a ditadura portuguesa por mor da súa ideoloxía
O mércores 29 de abril, 18:00 horas, José Antonio Vila Moreira, membro da asociación Terras Irmãs e alumno voluntario da biblioteca da @eoidelugo, presentará un xogo de mesa de creación propia e dinamizará unha sesión de trivial sobre #Portugal e a memoria histórica do 25 de abril
Finalmente, o xoves 30 de abril, 18:00 horas contaremos coa presenza de Pablo Veiga, membro da asociación Terras Irmãs, para falar do seu libro «A marcha de Anxo”.
Todas estas actividades están abertas ao público interesado.
Terán lugar en portugués e galego, xa que un dos obxectivos desta asociación constituída por alumnado da @eoidelugo é promover unha maior interacción entre Galicia e os países lusófonos.

























