As novas xeracións e a democracia. Mesa redonda con persoas das xeracións posteriores á transición.

Xoves 07 de maio de 2026 – 19:30 – Salón de Actos da Deputación de Lugo – Dirixida a toda a cidadanía  – Entrada de balde.

Con:

  • Alicia Carballedo Portela. Xornalista. Directora de Radio Lugo – SER.
  • Olga Louzao Aldariz. Licencidada en Ciencias Políticas.
  • Serxio María Rodríguez Álvarez. Politólogo e historiador galego.
  • Fernando Suárez Barcia. Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
  • Presentador/moderador: Xosé Ramón Cando Vázquez, filósofo e escritor.

Que pensan as xeracións que naceron con posterioridade aos anos 70 sobre aquela Galicia e a Galicia de hoxe, sobre aquel mundo e o mundo de hoxe?

Con frecuencia escóitanse voces de insatisfacción co presente e mesmo de desafección co sistema. Semella que se está estendendo unha desconfianza e un retroceso respecto a todo aquelo que, noutra hora, simbolizaba o avance e a ilusión. Contra o que cabía agardar, parece que isto acentuase nas xeracións mais xoves, particularmente nos varóns destas xeracións. Que hai de todo isto?

Para contestar a estas preguntas imos contar con catro persoas, de ámbitos e de profesións diversas; algunhas participaron activamente na actividade política e outras non pero todas elas comparten unha preocupación polo seu entorno e polo mundo en que viven, en que vivimos.

O presentador será Xosé Ramón Cando Vázquez, membro do Grupo Doxa de Filosofía. Foi profesor desta materia no Instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Publica periodicamente no diario El Progreso.

Organiza: Club Cultural Valle Inclán.

Dentro do ciclo «Agora non é antes»